domingo, 14 de diciembre de 2014

Recursos para profes novatos

Aquí vos deixo unha lista de recursos para planificar as vosas futuras clases de francés (síntoo polos compañeiros de inglés).


  1.   Audio lingua. É unha páxina web da Académie de Versailles. Ten pequenos audios en 10 linguas. Podedes seleccionar o tema, o nivel, o xénero da persoa que fala, a idade e a duración do audio. http://www.audio-lingua.eu/?lang=fr
  2.  El hexágono (forma pola que comunmente se denomina Francia). Se queredes profundizar coñecementos en música francesa, este programa de radio emítese todos os sábados de 9 a 10 da noite. Non só se emite música do "hexágono" senón de todos os países de fala francesa. Na páxina web están todos os podcast http://blog.rtve.es/elhexagono/
  3.  C'est pas sorcier. Programa emitido en France 3 todos os sábados ás 10.50, trata temas de historia e cultura explicados dunha forma sinxela e interesante. Son vídeos de media hora, tamén están dispoñibles en Youtube http://www.france3.fr/emissions/c-est-pas-sorcier 
       Este é un bo exemplo:  https://www.youtube.com/watch?v=3LrPAz4cjh0                                                                                                                                          
  4.  Arte. Páxina web dunha canle franco-alemá, é moi interesante pola calidade e cantidade de programas que ten. Podes ver o noticiario (arte journal), reportaxes (arte reportages), magacíns (28 minutes, Le Dessous des Cartes. Square, Vox Pop). Quizais os materiais soamente se poden empregar con niveis de B1 en diante. http://www.arte.tv/fr
  5. TV5 MondeNa páxina web de Tv5 monde (canle francesa internacional) hai unha sección chamada “Langue française” na que aparecen varios apartados dedicados á aprendizaxe do francés (Se divertir, Apprendre). 

Recomendo o apartado Sept jours sur la planète, hai un sinfín de vídeos que tratan temas transversais e inclúen fichas para o alumnado e o docente, así como material complementario.

6. Site de Français Langue Étrangère. Por último, un recurso que descubrín grazas á Luz. É un blog creado por Agnes Picot, está dedicado ao Français Langue Étrangère (FLE). Ten exercicios de todo tipo: comprensión oral, escrita, expresión oral, ortografía,..


Espero que vos sexan de utilidade!Proximamente farei unha entrada sobre películas de fala francesa útiles para traballar na clase de lingua estranxeira.

À bientôt!