Esta actividade está deseñada para un grupo de 1º Bach. nunha sesión de cincuenta minutos e ten por obxectivo concienciar ao alumnado sobre o consumo de alcohol. Antes de explicala, hai que aclarar que para o correcto desenvolvemento da sesión precísase o apoio do orientador do centro, posto que terá máis información sobre este tema cá nós.
Como ben indica o título, Histoires de conso (Historias de consumo), trátase dun xogo no que cada alumno debe imaxinar un escenario de consumo de alcohol. Explícome:
No encerado haberá un total de seis campos de diferentes cores, cada un representa un factor (número de cubatas, humor, contexto, xénero, comida, bebida)que afecta á hora de consumir alcohol.
Cada un dos campos conta cun número de tarxetas que o alumno/a debe empregar para crear ese escenario (unha tarxeta por campo). Esta é a información das tarxetas: sexe (xénero): femme/homme repas (comida): pendant le repas, après le repas, a jeun contexte (contexto): seul, repas de famille, bar/boîte, chez des amis, dehors humeur (estado de ánimo): triste, en colère, rien de spécial, stressé, révolté, joyeux boisson (bebida): mélange, bière, apéritif, premix, boisson sans alcool, alcool fort nombre de verres (número de vasos ou cubatas): tarxetas 1 verre, 2 verres... (ata 10)
O xogo consiste en que cada alumno saia ao encerado e invente un escenario, o ideal é que sexan variados entre sí para poder ver as diferencias entre eles. Cando están todos os campos completos, o alumno debe responder ás preguntas que lle formule a docente/o orientador. Estas poden ser:
Paréceche realista esta historia?
Como cres que se sinte esta persoa despois de beber? A qué cres que se debe ese estado? Ao seu xénero? Ao seu estado de ánimo? Ao número de vasos que bebeu? Ao contexto? Ao tipo de alcohol? Ao feito de que (non) comeu?
Se cambiamos un dos factores, cambiaría o escenario? De qué maneira?
Identifícaste con esta historia?
A través destas preguntas, o obxectivo é que o alumnado reflexione sobre as seguintes cuestións:
A noción de vaso estándar: diferencias de beber nun bar ou na casa, a capacidade de autoavaliación en canto ao consumo de alcohol, as misturas de alcohol, etc.
Os mitos sobre o alcohol: as diferenzas entre o home e a muller á hora de beber alcohol ("O home ten máis aguante", "As mulleres prefiren os cocktails"), as diferentes gradacións de alcohol e os clichés sobre as bebidas ("O viño e a cerveza non suben tanto coma o vodka") e a forma de eliminalos ("Eu vomito e despois sigo bebendo", "Un café e listo")
A influencia do grupo: A resistencia á presión ("Veña, toma outra"), a competición (xogos de beber), etc.
A motivación para beber alcohol: curiosidade, búsqueda de sensacións, necesidade de desafiar os límites, desinhibición, xestión do estrés ou o agobio, etc.
Os niveis de consumo: as primeiras veces, consumo regular ou ocasional, consumo abusivo en festas, as diferentes formas de dependencia, etc.
Os riscos: vómitos, perda de consciencia e memoria, sobredose (coma etílico), accidentes de tráfico, conduta agresiva e violenta, contaxio de enfermedades venéreas, etc.
As oportunidades de consumo: momento de socibilizarse, dispoñibilidade de alcohol (venta en supermercados e bares, presencia de bebidas alcohólicas na casa)
O contexto de consumo: beber só ou en grupo, momento do día no que se bebe, etc.
A docente e o orientador poden retomar un destes elementos citados e propoñer estratexias para reducir os riscos asociados ao consumo de alcohol. Algunhas delas son:
Beber auga.
Espaciar os días que se bebe alcohol.
Inxerir algún alimento cando se bebe alcohol.
Buscar alternativas ao consumo de alcohol.
Este xogo pódese adaptar para concienciar ao alumnado sobre outras substancias (marihuana, heroína, cocaína...).
Nesta octava e última sesión coa nosa
querida Luz (ímoste botar moito de menos!), comezamos cun warm up.
Consistiu no seguinte: nun papel tivemos
que escribir unha pregunta que lle teríamos que facer á toda a clase.
A miña foi “Que vas facer no verán?”
A idea é que o alumnado lle faga a
pregunta ao maior número de compañeiros posibles.
Despois, Luz entregounos unha tarxeta a
cada un co nome dalguén de clase, do que tiñamos que investigar en base a
actividade previa.
É dicir, todos os compañeiros temos
algún tipo de información desa persoa, polo exercicio que fixemos previamente.
Esta actividade podería aproveitarse
para facer unha redacción ou unha presentación oral.
Despois de facer a nosa derradeira
actividade de warm up con Luz, estivemos vendo varios modelos de exame.
Básicamente eran tipos de exercicio moi
traballados na clase (use of English, reading comprehension, pequenos writing).
Ensinounos unha páxina web moi interesante
para o grupo de inglés. Macmillan Secondary Student’s Website.
Na segunda parte da sesión debatimos
varios temas de moito interese para a nosa futura labor como docentes.
Libros
de texto/dixital
No meu grupo (Coromoto, Javier, eu)
tivemos unha opinión moi parecida.
Idealmente, gustaríanos poder traballar con materiais novos creados por nós, deixando de lado o libro de texto. Pero se pensamos na cantidade de clases que temos, crear contidos continuamente (aínda que se reciclen) pode convertirse no noso peor pesadelo! Pensamos que desde o punto de vista do alumno, ter un libro de texto é moi recomendable porque lles serve de guía, teñen un manual ao que acudir.Como futuros docentes estamos a favor tamén, sobre todo para os primeiros anos, nos que tamén precisaremos dun manual que seguir.
Porén, o libro de texto non debe ser a
única fonte de contidos e coñecemento do alumnado, senón que debe complementarse con outros materiais. Ademais, hoxe en día os libros de texto
veñen acompañados dunha gran cantidade de recursos para o docente.
Tecnoloxía
Este foi quizais o tema que xerou máis
debate. No meu grupo tivemos opinións dispares. Os tres estabamos dacordo en que o uso das TIC por parte do profesor era dunha grande axuda, xa que permite crear materiais novos,sesións máis innovadoras e son de axuda á hora de avaliar. Porén, discrepamos no relativo ao seu uso por parte do alumno. Para Coromoto, o uso de aparellos electrónicos (móbil, tablet ou calquer outro dipositivo) debería estar prohibido. Pola contra, Javier mais eu estamos dacordo co uso de
libro dixital e tablet, por varias razóns: maior comodidade, mesma eficiencia e menor peso para os rapaces. Coincidimos en que o emprego das TIC debe facerse dunha forma responsable e organizada. Con respecto ao uso do móbil, pensamos en que debe estar completamente prohibido, por unha sinxela razón: para evitar posibles problemas de bullying.
Lingua A vs. Lingua B
Este foi o tema que menos debatimos porque tanto no meu grupo coma a nivel de clase todos opinamos o mesmo. Cremos que na clase de lingua estranxeira a lingua vehicular debe ser a lingua B (inglés ou francés), xa que un dos nosos obxectivos como docentes é que o alumnado estea o maior tempo posible exposto a esa lingua. Evidentemente, o nivel de lingua que empreguemos variará en función do nivel, pero coincidimos en que este sistema favorecerá a súa aprendizaxe. Soamente contemplamos o uso da lingua A (galego ou castelán) en niveis iniciais, pero de xeito moi puntual.
O debate pareceume moi interesante e fructífero, aínda que se me fixo curto. Serviunos para facernos unha idea sobre como pensamos no relativo a estes temas e sobre como seremos como docentes. Ademais, proximamente imos comezar as prácticas do Mestrado polo que xa temos unhas nocións básicas de actuación.
En la sexta sesión presentamos por grupos la programación de una sesión de 50'. Este es el enlace a la presentación Prezi que empleamos en la exposición:https://prezi.com/rsemd4loyhlb/programacion-de-una-sesion/
En mi grupo, formado por Tamara Mallo, Cristina Vázquez, Pilar Méndez y yo preparamos una sesión para 3º ESO para la asignatura de Francés como segunda lengua extranjera.
La sesión iría dentro de la unidad didáctica "Les loisirs", más concretamente dentro del subtema "Les sports".
Las actividades que diseñamos giran entorno a un extracto de la película "Astérix et Obélix aux Jeux Olympiques".
Las actividades son las siguientes:
Actividad de warm up
Empezamos la sesión con un pequeño calentamiento. Les presentamos una foto de los JJOO y a través de un brainstorming hacemos una nube de ideas con todos los deportes olímpicos.
A continuación les pedimos que intenten adivinar el título de la película a través de la siguiente adivinanza:
Antes de poner el vídeo, leemos los ejercicios de comprensión oral en alto para aclarar posibles dudas. Son un total de tres actividades, con diferente tipo de dificultad. El primer ejercicio sería solamente marcar las respuestas, es un ejercicio para centrar su atención durante el primer visionado.
Los dos ejercicios siguientes son de completar una tabla y poner en orden las acciones que aparecen en el vídeo.
Después de corregir estos ejercicios, pasaríamos a la actividad de expresión oral. En pequeños grupos, deben escoger uno de los dos temas propuestos por Astérix y Obélix y debatirlo. Para concretar más los objetivos del debate, en cada uno de los temas deben llegar a un acuerdo y exponer cinco motivos (tema Astérix) sobre quién va a ganar los JJOO y por qué o bien cinco acontecimientos que van a tener lugar (tema Obélix). El objetivo principal sería anotar todos los motivos y acontecimientos y hacer un debate a nivel clase. Como lo más probable es que no diese tiempo, este debate se podría hacer en otra clase a mayores.
Por último, explicaríamos la actividad para hacer en casa como deberes. Consistiría en una pequeña redacción sobre un deporte inventado (en el enunciado se les proporcionan varios ejemplos que pueden emplear en caso de que no se les ocurra ninguno).
En dicha redacción deben explicar las reglas del juego, el material que se necesita y demás.
Al acabar de exponer la sesión, Luz nos hizo las siguientes sugerencias:
Hacer un brainstorming en pequeños grupos en los que se hable de un deporte en cada uno y al acabar poner en conjunto todo el vocabulario. De esta forma, se aprovecha mucho mejor el tiempo y se adquiere una cantidad mucho mayor de vocabulario relacionado con los deportes.
Para introducir el tema de los JJOO, un referente cultural francófono, podemos comenzar con la pregunta "¿Quién inventó los JJOO? Como no podía ser de otra forma, fue un francés, Pierre de Coubertin.
Tras haberles puesto el vídeo por primera vez, podemos preguntarles algo relacionado con los pueblos que participan y por qué no aparece EEUU. por ejemplo. Con esta pregunta podemos hacer un inciso para explicar el imperio romano.
Con respecto al trabajo de la ficha, nos recomendó que hiciésemos un resumen de lo que había pasado en el vídeo para que les resultase más fácil realizar las actividades.
Con respecto a la redacción sobre el deporte inventado, nos recomendó que les proporcionásemos un modelo, un ejemplo al que pudiesen acudir para tener una guía.
Con respecto a la Venus de Milo, que aparece en el vídeo, nos sugirió que la utilizáramos para trabajar la competencia cultural y artística, a modo de actividad de investigación en Internet o ejercicio de comprensión escrita.
En esta sexta sesión con Luz realizamos varias presentaciones en grupos en las que expusimos el desarrollo de una sesión en clase de lengua extranjera. Antes de hacer la rutinaria actividad de warm up, Luz nos habló brevemente de la complejidad de nuestra profesión, en lo relativo a tratar ciertos aspectos que pueden entrar en conflicto con las creencias de nuestros alumnos. A continuación, como no podía ser de otra forma. realizamos una actividad de warm up. Esta vez consistió en un energyzer. Este tipo de actividad está englobada dentro de los warm up, pero normalmente se hace uso de ellas cuando el alumnado está poco receptivo (después de un examen, por ejemplo) para que "despierten". La actividad consiste en lo siguiente: un alumno tiene la foto de una postura corporal (dependiendo del nivel del grupo, podemos adaptar la complejidad de dichas posturas), este tiene que ir dando instrucciones a los otros dos compañeros para que imiten la postura. Me pareció una buena idea para repasar las preposiciones y partes del cuerpo. Creo que se podría emplear a todos los niveles porque es fácilmente adaptable y es muy motivadora. Si utilizáramos esta actividad en un nivel inicial o intermedio, las posturas deberían ser más sencillas. Un ejemplo sería esta:
Si fuese un nivel más avanzado, podríamos utilizar algo así:
Después de esto, pasamos a exponer las sesiones que habíamos programado. Las exposiciones fueron evaluadas a nivel individual y grupal y el orden de exposiciones fue el siguiente: Grupo 1 Integrantes: Coromoto, Elena, Ana y Javier Tema: Comida Lengua: Inglés Grupo 2 Integrantes: Tania, Macarena y Damián Tema: La hora Lengua: Francés Grupo 3 Integrantes: Beatriz, Alejandra y Olga Tema: Ébola Lengua: Inglés Grupo 4 Integrantes: Laura, Iolanda y Bieito Tema: Selfies de animales Lengua: Inglés Grupo 5 Integrantes: Marta (yo), Tamara, Cristina y Pilar Tema: Ocio (los deportes), Astérix y Obélix en los JJOO Lengua: Francés Grupo 6 Integrantes: Tomás, Laura, Carla y Marian Tema: Los comparativos Lengua: Inglés/Francés
Después de cada una de las exposiciones, Luz hizo comentarios sobre los aspectos que estaban bien desarrollados y también hizo sugerencias sobre cómo se podían explotar más la sesión que cada grupo había preparado. Como comentario general, nos explicó que uno de los elementos primordiales a la hora de programar una sesión es planificar los objetivos y la contextualización. Si bien es cierto que el vocabulario y la gramática son dos aspectos fundamentales que debemos trabajar en la clase de lengua extranjera, debemos hacer ver al alumnado que son herramientas para poder comunicarnos en dicha lengua.
A través do cine podemos traballar as
competencias na lingua estranxeira dunha forma moi enriquecedora. Na anterior entrada falei de películas que podían fomentar a competencia cultural e artística, e nesta voume centrar en películas que sirvan para mellorar a competencia social e cidadá. Evidentemente, o visionado destas películas debe ter un motivo e empregarse como apoio ou complemento á unha unidade didáctica, tamén poden reciclarse para traballar en titorías.
Entre les murs (La clase), 2008
Film dirixido por Laurent Cantent e baseado na novela autobiográfica de François de Bégaudeau. A película retrata a vida dun profesor de francés de secundaria (o actor é interpretado polo protagonista e autor da novela) que exerce de tutor dun grupo moi heteroxéneo e multicultural.
Entre os diversos premios que recibiu están a Palma de Ouro no Festival de Cannes en 2008 e un César ao mellor guión adaptado en 2009.
Monsieur Lazhar, 2011
Esta película canadiense, escrita e dirixida por Philippe Falardeau, estivo nominada aos premios Óscar en 2011 a mellor película de fala non inglesa.
Monsieur Lazhar é contratado nun centro de primaria de Montreal para facer unha sustitución. Alí terá que facer fronte a unha situación moi delicada, que ten conmocionado a todo o centro. Se ben é certo que é un profesor cun estilo tradicional, saberá lidiar coas situacións que se lle presentan e axudar aos seus novos alumnos a superar o acontecido, creando un vínculo moi forte con eles.
La Haine (El odio), 1995
Esta película francesa, dirixida por Mathieu Kassovitz, relata a vida de tres rapaces (un xudío, un negro e un árabe) que viven nos suburbios de París. A película comeza cunha forte pelexa entre as forzas do orde e a xuventude cabreada dunha cidade francesa, despois de que un rapaz recibise unha paliza nunha comisaría de policía que o deixou en coma. A película retrata as 24 horas seguintes aos disturbios, na que os protagonistas vagan pola cidade en busca de vinganza e os conflitos entre bandas e coa policía están á orde do día.
En 1995, recibiu o premio César á mellor película e montaxe e no Festival de Cannes obtivo o premio á mellor dirección.
Les Choristes (Los chicos del coro), 2004
Esta película, dirixida por Christophe Barratier, relata a vida dun internado na campiña francesa no ano 1948. A chegada de Clément Mathieu, profesor de música desempregado que acepta un posto de profesor vixilante, vai cambiar as vidas dos rapaces que alí viven. O réxime de "action- réaction" imposto polo director, verase truncado cos novos métodos de Clément Mathieu, cando lle propón crear unha coral.
Estivo nominada a diversos premios (Óscar, Goya, César) e recibiu dous premios César á mellor música e son en 2004.
Persépolis, 2007
Esta película de animación en branco e negro, relata a vida dunha nena iraní desde a revolución islámica ata a actualidade. Mentres que no seu país as mulleres son obrigadas a levar velo e comeza a guerra entre Irán e Iraq, os seus pais deciden enviala a estudiar a Europa. Alí descobre un mundo completamente novo, ao que se adapta moi ben, pero sente moita morriña. Despois duns anos decide volver ao seu país, aínda que iso supoña volver levar velo e someterse a un réxime tiránico.
Estivo nominada a diversas categorías en varios festivais de cine (Óscar, Globos de Ouro, Bafta) e conseguiu dous premios: dous premios César (Mellor ópera prima e mellor guión adaptado) e o premio do xurado no Festival de Cannes en 2007.
Intouchables (Intocables), 2011
Nesta traxicomedia, Philippe (interpretado por François Cluzet), un aristócrata millonario tetrapléxico como consecuencia dun accidente de parapente, contrata como coidador a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal que acaba de saír da cárcere. A diferenza doutras películas como Mar adentro, que tamén relata a vida dun tetrapléxico, esta ten un carácter moi cómico. Philippe, cansado de que a xente sinta lástima por el, ve en Driss ao candidato perfecto porque este non o ve coma un discapacitado: lévao de festa, dálle de fumar marihuana, etc.
3X Manon, 2013
Esta miniserie, que soamente consta de 3 capítulos, relata a vida dunha adolescente con serios problemas de conduta, que é enviada a un centro de menores despois de anavallar á súa nai.
Espero que vos gustase! Agardo os vosos comentarios!
Unha vez que temos a lista dos porqués,
facemos unha viaxe no tempo e Sara Triste convírtese en Sara contente.
Desta vez os alumnos teñen que
relacionar os porqués da Sara triste coa felicidade da Sara actual.
Estes son varios exemplos:
Sara est triste parce qu’elle a été
punie.
Sara est contente parce qu’elle n’est
plus punie et peut aller jouer avec ses amis.
Este exercicio serve para facer un
repaso de tempos verbais.
Para
que realmente sexa unha actividade de repaso, debmos guiala pedíndolles
que fagan unha lista de cinco frases, cada unha cun tempo verbal: unha co verbo
être, outra co verbo avoir, outra co passé composé, outra en presente e outra
en futuro.
Xa entrando en materia, vimos diferentes
formas de traballar o sistema AICLE/CLIL/EMILE. Para os que non saiban o que é
este concepto, é o nome que reciben as seccións bilingües en centros
educativos.
AICLE: Aprendizaje Integrado de Contenidos y Lenguas Extranjeras
CLIL: Content and Language Integrated Learning
EMILE:Enseignement de Matières par l'Intégration d'une Langue Étrangère
Consiste en impartir unha materia, como pode ser Música, Plástica,
Física e Química (ou calquera outra materia do currículo) na que a lingua
vehicular sexa unha lingua estranxeira, ben o inglés ou o francés.
Este tipo de ensinanza está cada vez máis en voga. É un punto ao noso favor como docentes de linguas estranxeiras,
xa que o alumnado entende que aprender “inglés” ou “francés” vai máis alá de
aprender os contidos para aprobar unha materia; ven que ten un fin moito máis
profundo: ten unha función comunicativa, que lles permite ampliar os seus
coñecementos noutras áreas.
Netse sistema de CLIL os docentes de
lingua estranxeira debemos proporcionar un “scaffolding” aos docentes que
imparten esas materias.
O scaffolding ou “andamiaxe” consiste en
crear unha estrutura de apoio para o bo funcionamento do CLIL. Para iso,
debemos traballar codo con codo cos nosos compañeiros e traballar os contidos
desa material, desde outra perspectiva.
Algúns exemplos de scaffolding (empregados por Luz no seu centro educativo):
Traballar o vocabulario máis básico. A través deste vídeo podemos ensinar os elementos da táboa periódica.
Facer un shuffle,
entregarlles unha serie de definicións cunha palabra desordeada.
Traballar vocabulario con diferencias do tipo speed/velocity.
Facer actividades de Puzzle Maker.
Traballar un tema musical en lingua estranxeira, coma este tan coñecido:
Hai un sinfín de actividades que podemos facer na clase de lingua estranxeira que sirva de apoio á seección bilingüe, pero o máis importante, baixo a miña opinión, é saber coordinarse cos docentes correspondentes para ir á mesma velocidade e tratar os mesmos contidos.
TITORÍAS
A segunda parte da sesión dedicámola á
parte de titoría.Como titores temos cinco
responsabilidades:
Tratar temas sobre prevención de drogas,
alcol, prácticas sexuais, etc.
Escoitar queixas e/ou suxerencias por
parte do alumnado
Desenvolver técnicas de estudio
Traballar no Proxecto Interdisciplinar
Acompañar ao alumnado en visitas
extraescolares
Ademais desas responsabilidades, existen
outras tarefas que se deben desenvolver nas titorías.
Elección
de representante de clase
Unha delas é escoller delegado de curso.
Para poderlle sacar máis rendemento a estas sesións, podemos facer este tipo de
actividades na lingua estranxeira que impartimos.
Podemos presentarlles unha ficha (coma a
que nos ensinou Luz en clase), para axudar ao alumnado a escoller ao seu
representante. Na devandita ficha deben responder a un cuestionario sobre cáles
son as cualidades que un bo representante debe reunir, as súas obrigas, etc.
Técnicas
de estudio
Outras actividades que podemos facer a
principio de curso son sondeos acerca de técnicas de estudio. Podemos
simplemente pedirlles que respondan a un cuestionario (traducido previamente
por nós) ou que pinten con cores un horario para saber cómo distribúen o tempo
fóra da aula.
A información que eses cuestionarios é
moi valiosa para a nosa labor docente, xa que sabemos se dispoñen de moito ou
pouco tempo para facer os deberes, canto tempo lle dedican a algunha actividade
extraescolar, etc.
Ademais deste cuestionario, podemos
empregar algún test para coñecer cómo é o grupo en canto a estilos de
aprendizaxe (visual, auditivo ou kinestésico), un aspecto moi a ter en conta á
hora de deseñar as clases.
Ambiente
de clase
Despois de realizar estas actividades
iniciais, pódense facer actividades para mellorar o ambiente de clase.
Existen un sinfín de actividades para
traballar este aspecto tan importante nunha clase. A que vimos na clase con Luz
é moi sinxela pero atractiva.
Consiste en pedirlle ao alumnado que
escriba algo bonito dalguén da clase con quen teña unha boa relación, xa sexa
compañeiro ou amigo, e tamén doutra persoa coa que non teña moito contacto.
Para que sexa unha actividade inclusiva,
a titora sería a encargada de revisar que todo o alumnado recibe un “piropo”.
Na seguinte titoría, lénse os comentarios en voz alta de forma anónima.
Antes e despois da avaliación
Antes e despois de cada avaliación,
podemos entregarlles un cuestionario no que se teñan que autoavaliar. O
cuestionario debe constar de preguntas xerais, claras e concisas, que lle
axuden ao alumno a autoavaliarse.
Debemos deixar un espazo para que fagan
algunha suxerencia ou expresen algún problema que non se atreven a facelo
oralmente.
Este tipo de cuestionarios poden
servirlle para que se dean conta dos erros cometidos, de se acadaron os
obxectivos que se propuxeran (sacar boas notas), etc.
Traballo
de valores
As sesións de titoría deben ser un
espazo de reflexión e creación de pensamento crítico. Quizais é unha visión
utópica, alonxada da típica titoría que todos tivemos na que soamente facíamos
os deberes.
Para iso, debemos dedicalas a traballar
certos valores que cremos que son universais (respeto, tolerancia) e tratar
temas candentes, como o acoso escolar e o ciberacoso.
Podemos traballar estos valores a través
de películas, reportaxes ou documentais. Neste blog atoparedes dúas entradas sobre películas interesantes para traballar na clase de FLE. Son todas francófonas, pero pódense traballar en titorías porque a maioría están dobladas.
Luz recomendounos a de Cobardes, que trata o tema do acoso escolar ou bullying. Dirixida por José Corbacho, recibiu o premio da Crítica e a Mención especial do Xurado no festival de Málaga en 2008.
Vídeo sobre o ciberacoso:
Se queremos tratar o tema dunha forma máis distendida, podemos empregar a curtometraxe de animación de Pixar, For the birds.
Por último, Luz ensinounos varios exemplos para traballar o Proxecto Interdisciplinar (PIN):
Os Xogos Olímpicos. Traballo sobre Canada como país olímpico.
O Antigo Exipto. Dentro deste proxecto, na clase de inglés fixeron un exercicio interactivo chamado "Making a mummy", moi completo xa que serve para adquirir vocabulario específico, ademais de ser a mellor forma de aprender para o alumnado kinestésico.
Xa para rematar a sesión, Luz falounos brevemente da avaliación e ensinounos un modelo de exame de 3º ESO, coa seguinte estrutura:
Os Rory's Story Cubes son unhas caixas que traen 9 dados con diferentes debuxos en cada unha das caras dos dados. Polo de agora hai tres modelos:
O clásico
O de accións
O de viaxes
Este xogo tan divertido foi un descubrimento que fixen grazas á nosa profesora Luz, ata o de agora xamais escoitara a alguén falar deles. Ben, se entrades na páxina web https://www.storycubes.com/ veredes que hai seis formas diferentes de xogar, aínda que pódense crear infinidade delas.
A mín ocorréuseme a seguinte:
Os dados do tarot
Esta actividade está deseñada para alumnado de 4º ESO endiante para a materia de francés como segunda lingua estranxeira. En pequenos grupos (a distribución dependerá do número de alumnos, pero cada grupo debe contar cun mínimo dun dado), os alumnos terán unha serie de tarxetas con diferentes problemas, algo estilo consulta do tarot. Poden ser problemas da vida cotiá, amorosos, financeiros, etc. A idea é que dentro do grupo un lexa o problema, outro tire o dado e o outro faga de tarotista, que sexa o encargado de facer a predición de futuro ou de dar o consello adecuado, e que vaian rotando ata que terminen a "consulta".
Evidentemente, as prediccións que fagan van ser completamente surrealistas porque dependen do debuxo que lles toque. O obxectivo lingüístico é traballar o futuro e os modais. Estes serían uns exemplos básicos:
Mon copain m'a quittée- Deixoume o mozo. J'ai raté deux matières- Suspendín dúas asignaturas Je suis amoureux de ma meilleure amie. Qu'est-ce que je peux faire?- Estou namorado da miña mellor amiga. Que podo facer? Mon hamster est mort et je suis très triste- O meu hámster morreu e estou moi triste. Les filles ne m'aiment pas car je suis très petit- Non lles gusto ás rapazas porque son baixiño.
Aínda que eu deseñei esta actividade para 4º ESO, é fácilmente adaptable modificando os problemas das tarxetas.
Que vos parece esta actividade?Agardo os vosos comentarios!
Nesta entrada fixen unha selección de películas que, na miña opinión, poden incluírse na clase de FLE, porque todas retratan momentos (Revolución Francesa) ou personalidades relevantes na cultura francesa, tanto do mundo da música (Edith Piaf), como da moda (Yves Saint-Laurent e Coco Chanel).
La Môme (2007)
Biografía sobre un dos iconos da música francesa, Edith Piaf, alcumada La Môme (a nena). Na miña opinión, o mellor desta película é a interpretación de Marion Cotillard, que obtivo un Oscar e un Globo de Ouro. Dende a súa infancia nos suburbios de París, ata a súa época de fama e gloria, a película retrata a vida da famosa cantante, unha loita por sobrevivir e marcada polas súas adiccións.
Coco avant Chanel (2009)
Céntrase na etapa de aprendizaxe da prestixiosa deseñadora de moda e mostra cómo unha rapaza xoven de familia moi humilde, autodidacta pero cunha personalidade excepcional, convírtese nun símbolo de éxito e liberdade. A película tivo unha nominación ao Oscar como mellor vestiario e catro nominacións aos Bafta, como mellor actriz (Audrey Tautou) e mellor vestiario.
A Revolución Francesa
Estas son cinco películas (ordeadas cronolóxicamente) que tratan a Revolución Francesa, dende diferentes estilos e puntos de vista, pero todas interesantes para traballar este tema tan importante da cultura francesa.
La Marseillaise (1938)
O lexendario cineasta francés Jean Renoir se centra neste filme nos acontecementos máis temperáns da Revolución Francesa. Adopta un formato de noticieiro, e varios puntos de vista de persoas involucradas (cidadáns de Marsella, un conde exiliado en Alemaña ata o propio Luis XVI).
A tale of two cities (1958)
Película británica baseada na novela homónima de Charles Dickens, protagonizada por Dirk Bogarde e Dorothy Tutin. Céntrase en Sydney Carton, un avogado inglés que descobre que un antigo cliente seu é un aristócrata francés que intenta fuxir da revolución.
Atopei a película en Youtube, por se alguén ten interese en vela.
Céntrase nos últimos meses de George Danton (Gérard Depardieu), un dos líderes da Revolución Francesa, que morreu na guillotina.
Le pacte des loups (2001)
A película comeza durante a Revolución Francesa, co Marqués d'Apcher escribindo as súas memorias nun castelo. A continuación se narra mediante flashbacks a historia do cabaleiro Grégoire de Fronsac e o seu amigo Mani, un indíxena americano, que, en 1764, encargáronse de investigar os asesinatos cometidos por unha bestia. Os acontecementos estáns inspirados en asesinatos reais que aconteceron en Francia a mediados do século XVIII, e no mito da bestia de Gévaudan.
Les adieux à la reine (2012)
A protagonista, Sidonie Laborde (Léa Seydoux, La vie d'Adèle) traballa na corte da raíña María Antonieta (Diane Kruger) como lectora. Se ben é certo que ten un trasfondo histórico, a película céntrase sobre todo na relación de Sidonie coa raíña. Sinte verdadeiro fervor e admiración por ela e teme pola súa vida nun período tan turbulento. Podemos apreciar o humor tan cambiante da raíña e a profunda tristeza que lle provoca alonxarse da súa querida Gabrielle (duquesa Gabrielle de Polignac), coa que ten unha estreita relación, tan estreita que fainos dubidar de se é unha relación de amizade ou amorosa.
Proximamente subirei unha segunda entrada sobre cine na clase de FLE. Agardo os vosos comentarios!