miércoles, 3 de diciembre de 2014

Actividade traballo de competencias


CURSO: 1º Bach.
OBXECTIVO XERAL:
Traballar a Francofonía
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
Contido:Coñecer todos os países de fala francesa
Léxico: Coñecer nomes de países e continentes
Gramática: Traballar cifras e porcentaxes; uso do artigo nos países (L’Espagne, Le Congo, La France)
COMPETENCIAS QUE SE PRETENDEN MOVILIZAR EN EL ALUMNADO:
Ø  Competencia lingüística
Ø  Competencia matemática (cifras e porcentaxes)
Ø  Competencia de coñecemento e interacción co mundo físico (nomes de países, continentes)
ACTIVIDADE
Título da actividade: Le Français dans le monde
Recursos necesarios: Proxector, ordenador
Temporalización: 1 sesión (1h)
Localización: Aula de clase
Descrición da actividade
Primeiro farase unha actividade de warm up. Consiste basicamente nun brainstorming no que o alumnado ten que nomear os países onde se fala francés.
A continuación, proxectarase un vídeo sobre o tema e despois os alumnos terán que completar un cuestionario sobre o mesmo.
O cuestionario é este
Le Français dans le monde
1.      Quand a été crée le terme “Francophonie”?
2.      À niveau mondial, combien de personnes parlent français?
3.      D’après la vidéo, quel poste occupe le français dans le classement mondial de nombre de parlants?
4.      Où se trouvent les plus grandes communautés francophones?
Afrique du Nord:
Afrique du Sud:
Moyen- Orient:
Europe Centrale:
Ámérique du Nord:
Asie:

5.      Combien de personnes apprennent le français dans le monde?
6.      Combien de professeurs de français il y a dans le monde?
7.      Quelles sont les projections de l’OIF?


2ª actividade con obxectos do bolso

Tipo de juego
Inventar
Objetivo lingüístico
Practicar el presente y el passé composé.
Tiempo
20 min
Destrezas en juego
Expresión y comprensión oral
Materiales
Fotos
Procedimiento
Separar a los estudiantes en pares y entregarles una foto o dibujo (de un álbum que la docente guardó en su bolso previamente).
2. Pedirles que escriban una descripción de la misma.
3. Uno de ellos escribirá una descripción fiel y el otro una totalmente mentirosa.
4. Luego, mostrando una parte de su foto al resto de la clase leerán sus descripciones, los otros pueden hacer preguntas y pedir mas detalles y al final de ambas exposiciones deben decidir cuál es la verdadera y cuál la falsa, pueden
votar individualmente o por pareja.
5. Los que más adivinan, ganan.

1ª actividade con obxectos do bolso

Tipo de juego
Adivinar
Objetivo lingüístico
Emplear la expresión À quoi ça sert? Ça sert à telephone à mes amis, ça sert à me nettoyer les mains
Expresar una opinión (Je pense/À mon avis)
Tiempo
10 min
Destrezas en juego
Expresión y comprensión oral
Materiales
Objetos del bolso
Procedimiento
Ir sacando los objetos que el docente tenga en su bolso, que la profesora les pregunte a los alumnos para que se usan. Por ejemplo:
What do I use my mobile for? For calling  my friends.
What do you use your computer for? For working and watching films.
Por otro lado, la docente puede meter otros objetos a propósito para provocar una curiosidad en el alumnado. Los pondrá todos encima de la mesa y les preguntará cuáles creen que sí que usa y cuáles no.
-un cuento  
-una navaja
-una pelota antiestrés
-un bloc para pintar

Os excesos da educación coreana

Despois de falar na clase dos diferentes tipos de didáctica e como a tradición pedagóxica varía duns países a outros, decidín buscar información sobre o tema...et voilà, atopei unha reportaxe sobre a educación en Corea do Sur. Emitiuse nun canal francés, pero está subtitulada en castelán. O título xa nos dá unha pista, pero o mellor é que o vexades por vós mesmos. Máis alá de estar a favor ou en contra, recoméndovolo porque de seguro que vos fará reflexionar.

Esta é a ligazón:https://www.youtube.com/watch?v=eYMTP4sXqtE
O concepto de educación neste país difire moito do que podemos ter en Occidente. Para nós a educación serve para facer xente de ben, adquirir unha serie de valores basados na tolerancia, o respeto e o saber, evidentemente. Porén, en Corea do Sur este concepto está baseado na competitividade e o éxito académico. Para entender o por qué desta maneira de concebir a educación, temos que botar unha ollada á historia. Corea do sur era un país pobre; en 1967, seis de cada dez surcoreanos eran analfabetos. En menos de 30 anos, o 96% van á universidade e na actualidade é a décimo terceira potencia mundial. Destes datos se desprende que a educación é unha das claves de ese éxito.

Para facermos unha idea do alto nivel de competitividade ao que son sometidos os nenos, temos que saber que existen uns campamentos de fin de semana aos que os nenos de primaria teñen que ir. Estes adestramentos están impartidos por personal military e o obxectivo é fomentar a competitividade dos rapaces. Isto lógrase a través de arduos exercicios físicos ata ben entrada a noite, coñecementos básicos de supervivencia e exposicións nas que prometen esforzarse máis e ser mellores estudantes.

Segundo varios estudos, os alumnos surcoreanos ocupan o primeiro posto no ranking mundial. É de entender que o goberno estea orgulloso e fixese da educación un dos pilares básicos. Os alumnos deben dar o mellor de eles mesmos para demostrar o amor ao seu país, a educación é o estandarte da nación. En palabras dun antigo conselleiro presidencial en educación, “o éxito do estudante e o éxito da familia, e en consecuencia, é a herencia histórica de Corea”.
Outro dato interesante: os estudantes surcoreanos traballan de media 15 horas ao día. A isto hai que sumarlle as horas que asisten a un Haguon (centros privados que ofrecen cursos, a un precio elevado, para asegurar uns óptimos resultados académicos).


Na miña opinión, é de admirar que un país puidese saír adiante e convertirse na décimo terceira potencia mundial nun tempo récord. Pero, ¿a que prezo? Este sistema pon en risco ao alumnado máis vulnerable. O número de estudantes que acuden a un psicólogo aumentou notablemente nos últimos anos. Entre os problemas máis frecuentes están o estrés, a depresión e o insomnio. E para rematar, un dato escalofriante... no ano 2009, 2.000 estudantes (primaria, secundaria e bacharelato) quitáronse a vida.
Dito isto, que pensades vós?Abro o debate para quen queira dar a súa opinión, espero os vosos comentarios!

martes, 2 de diciembre de 2014

3ª sesión con Luz

Comezamos esta terceira sesión cunha actividade de warm up. Consistía en facer unha lista de dez verbos de acción e outra de sustantivos. A continuación, tiñamos que asignarlle un número do 1 ao 10, e escoller das dúas listas a palabra que correspondía a ese número.
No meu caso asignei o número 1 á lista de verbos e 2 á de sustantivos, de maneira que escollín o primeiro verbo (manger) e o segundo sustantivo (musique). O obxectivo da actividade era inventar unha profesión (mangeuse de musique); o obxectivo do xogo era explicar profesións disparatadas e traballar a creatividade.
É unha actividade deseñada para traballar en parellas ou pequenos grupos; pódese escoller a máis orixinal e contala ao resto da clase. Na miña opinión, paréceme que é unha actividade orixinal pero que non se pode realizar en todos os grupos, creo que podería funcionar nun grupo moi participativo e cunha boa capacidade de expresión oral na lingua estranxeira.
O resto da clase dedicámolo a cómo traballar un material de clase. Escoitamos unha comprensión oral (soamente audio), moi adecuada para introducir un tema. Este tipo de exercicios serven para aprender a valorar as pistas non verbais e centrarse na información que se lles pide.
Á hora de deseñar actividades nunha comprensión oral, debemos seguir unha estrutura, aumentando a dificultade de forma progresiva. Podemos comezar escribindo o título na pizarra e preguntarlles cál pode ser o tema e escribir vocabulario relacionado co tema.
A primeira actividade despois da primeira escoita debe ser sinxela e que lles sirva para manter a atención. Podemos pedirlles que enchan unha pequena táboa con datos, que marquen cales das afirmacións son verdadeiras ou falsas, etc.
Na segunda actividade xa podemos aumentar a dificultade e facer preguntas concretas sobre a comprensión oral ou un exercicio de encher ocos. Posibles actividades para facer na casa poden ser ordenar a transcripción, facer un resumo ou dar unha opinión persoal sobre o tema que se trataba na comprensión oral.
Outra forma de traballar a comprensión oral é contar un conto. Podemos empregalo para introducir novas estruturas gramaticais, como os condicionais. Dependendo do nivel da clase, podemos deseñar varias actividades. Para un nivel máis baixo podemos pedirlles que pidan un desexo (Si j’étais/I wish I were), pedirlles que conten a moralexa ou que conten a historia desde o punto de vista doutra personaxe.

Un exercicio máis complicado pode ser que inventen un final alternativo, que cambien a historia desde un momento do conto ou que predigan o futuro do protagonista.
Na última parte da clase aprendemos a traballar con cancións. Persoalmente, creo que é unha forma moi interesante de motivar ao alumnado e de traballar todas as capacidades. Por un lado, trabállase a comprensión oral (escoitar a canción) e a escrita (ler as actividades propostas), a expresión oral (podemos pór soamente o video e pedirlles que conten o que ven) e a expresión escrita (plasma a historia da canción por escrito). Ademais de traballar a competencia lingüística, pode servir para que o alumnado mellore a competencia social e cidadá. Como por exemplo a canción que escoitamos na clase, Daniel, que fala da Guerra do Vietnam.

Déixovos aquí dúas ligazóns que atopei en Internet para traballar con cancións (absterse profes de Inglés).











2ª sesión con Luz

Nesta segunda sesión traballamos as competencias básicas.
As competencias básicas son aquelas que debe desenvolver un alumno ou unha alumna ao longo de todo o ensino obrigatorio (primaria e secundaria) para poder lograr a súa realización persoal, exercer a cidadanía activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida. 
Foron definidas no proxecto DeSeCo (Definición e Selección de Competencias) e establece que unha competencia abrangue máis que coñecemento e habilidade. Serven para facer fronte ás demandas e necesidades tan complexas da sociedade actual.
 Integra os tres tipos de saberes: Saber teórico (coñecemento), Saber pragmático (habilidades e destrezas) e Saber ser (actitudes).
Deste xeito, a adquisición das devanditas competencias non é exclusiva dunha material en concreto; cada unha das áreas contribúe ao desenvolvemento de diferentes competencias e, á súa vez, cada unha das competencias básicas alcánzase como consecuencia do traballo en varias áreas ou materias.
Na clase de lingua estranxeira non se traballa única a exclusivamente a competencia lingüística, posto que ao traballar en temas transversais, trabállanse varias competencias.
As competencias básicas son 8:
  1. Competencia lingüística
  2. Competencia matemática: ademais da lingüística, en clase de lingua estranxeira tamén podemos traballar esta competencia, mediante as medidas de peso, a lonxitude, os números, as horas, as porcentaxes, séculos, etc. 
  3. Competencia de coñecemento e interacción co mundo físico: pódense traballar temas que foemnten esta competencia; por exemplo coa xestión de residuos, o cambio climático, a colonización (xeografía), etc.
  4. Competencia dixital: coa implantación das TIC no sistema educativo, esta competencia podémola considerer inherente á clase de lingua estranxeira.
  5. Competencia social e cidadá: esta competencia pódese traballar en temas como o tratamento de cortesía, mecanismos de participación (levantar a man para falar, non imterromper cando alguen fala), traballo en grupo, diferenzas culturais.
  6. Competencia cultural e artística: esta competencia é a máis vinculada á aprendizaxe da lingua estranxeira, despois da lingüística. No proceso de aprendizaxe vai implícito o coñecemento da cultura, xa que non se traballa a base de exercicios, senón de temas (O medio ambiente, as novas tecnoloxías, os deportes, os viaxes); eses temas serven de base para dar a coñecer a cultura meta.
  7. Competencia para aprender a aprender.
  8. Competencia da autonomía e iniciativa persoal: estas dúas últimas competencias son de especial importancia, contribúen ao desenvolvemento dunha persoa, dándolle a capacidade de aprender por si mesmo e de ser autónomo.


 Para entender cómo podemos traballar varias competencias na clase de lingua estranxeira, Luz ensinounos varios materiais moi interesantes, entre eles un vídeo sobre o consumo de auga e un traballo de colaboración entre dúas materias (Inglés e Informática).
Como a clase anterior, esta tamén me resultou moi produtiva porque traballamos os contidos dunha forma moi práctica. Penso que desta forma entendemos mellor como debemos enfocar as clases de lingua estranxeira: transversal, dinámica e enriquecedora.

lunes, 1 de diciembre de 2014

1ª sesión con Luz

Esta primeira sesión con Luz foi de introdución e de toma de contacto con ela, pero traballamos de forma xeral varios aspectos importantes na didáctica da lingua de estranxeira.
Primeiro, fixemos dúas actividades de warm up. Na primeira, Luz contou tres feitos da súa vida, e nos tiñamos que adiviñar cál das tres era falsa. O obxectivo desta actividade era romper o xeo e ter a primeira toma de contacto entre a profesora e o alumnado e facer unha avaliación inicial do grupo.
Na segunda actividade tiñamos que encher uns espazos determinados con datos personais seguindo as instrucións da profesora. Con esta actividade traballamos a comprensión oral e dunha forma moi sinxela, algo que temos que ter sempre en conta é que o information gap ten que ser real.
Na segunda parte da clase traballamos varios conceptos básicos vinculados á didáctica das linguas estranxeiras. Son os que seguen:
AICLE/CLIL (Content Learning Integrated Language)
Consiste en impartir unha material do curriculum (Matemáicas, Xeografía,etc) nunha lingua estranxeira; a lingua estranxeira pasa a ser a lingua vehicular.
 Competencias básicas
Son unha serie de habilidades que todo o alumnado debe alcanzar durante a educación obrigatoria. Son 8:
Ø  competencia lingüística
Ø  competencia matemática
Ø  competencia de coñecemento e interacción co mundo físico
Ø  competencia dixital
Ø  competencia social e cidadá
Ø  competencia cultural e artística
Ø  competencia para aprender a aprender
Ø  competencia da autonomía e iniciativa persoal
Enfoque por tarefas
É a proposta dun programa de aprendizaxe de lingua, que ten por obxectivo fomentar a aprendizaxe mediante o uso real da mesma en contextos comunicativos reais.
Sección bilingüe
Son clases ou grupos que en determinados centros teñen dúas linguas vehiculares, normalmente estas adoitan ser o castelán e o inglés.
Life skills
Como o propio nome indica, son unha serie de capacidades “para a vida”; o obxectivo das competencias básicas é que o alumnado as adquira e as integre, de maneira que lle poidan servir para toda a súa vida.
Marco común europeo
É un estándar europeo que sirve para medir o nivel de comprensión oral e escrita nunha lingua.
Avaliación formativa
Trátase de actividades que permiten avaliar certos contidos vistos en clase antes de pasar a outro tema.
Descriptores (rubrics)
Son grellas nas que aparecen os obxectivos e contidos que o alumnado debe alcanzar nun período de tempo, axudan á avaliación do alumnado
Atención á diversidade
É unha cuestión prioritaria hoxe en día no sistema educativo, é un apartado que fai referencia ás actividades de reforzo que o docente debe incluír na unidade didáctica para aquel alumnado que teña necesidades especiais.

Por último, estivemos vendo a “notional-functional approach”. Xurdiu nos anos 70; este enfoque comunicativo ten as seguintes características.
1.      Ten que haber un needs analysis.
2.      O information gap ten que ser real.
3.      Ten que haber un contexto, ten que ser meaningful.
Céntrase en actividades e tarefas (task approach). A diferencia dos exercicios, que están controlados polo docente e teñen un carácter restrictivo, nas actividades e tarefas hai un aporte do alumno.
As actividades de lingua traballan catro skills ou compétences. Ademais, produciuse un cambio na súa división (reading, writing, listening, speaking) a capacidades receptivas (reading, listening) e productivas (writing, speaking).

A primeira impresión desta clase foi moi boa, ten un carácter moi práctico, espero que sexan todas así!