Nesta quinta e última sesión antes do
Nadal, traballamos as actividades de comprensión oral. Para iso, comezamos
cunha pequena actividade de warm up.
Consistía en que estando todos en silencio,
Luz dicía dúas palabras sinalando unha cara a esquerda e a outra cara a
dereita. En función do que preferises (té/café, praia/montaña), tiñamos que
aliñarnos nese lado e falar con alguén sobre iso (Por que che gusta o té e non
o café? Cándo tomas café?). É un tipo de actividade interesante para traballar
o presente simple, os gustos e que os alumnos se coñezan un pouco máis. O
problema que lle vin foi a distribución da nosa aula, que non se presta a ese
tipo de actividade.
Existen tres tipos de actividade
relacionados coa comunicación oral:
- Expresión oral unidireccional :presentación, exposición
- Interacción: roleplays, entrevista
- Mediación: input –mediador-output
Para deseñar unha actividade comunicativa
cómpre:
1.
Dar un apoio visual.
2.
Dar un contexto real.
3.
Debe haber un elemento de
motivación
4.
Non centrarse no erro.
Con respecto ó deseño de
actividades, existe un concepto moi vinculado: o concepto Minimax. Consiste
sacarlle o máximo proveito a unha actividade coa minima preparación.
Se nun futuro traballamos
nun instituto, debemos ter en conta varios aspectos á hora de preparar
actividades orais. Estas son algunhas das pautas que se deben seguir:
Ø Instrucións moi sinxelas e claras para aproveitar ao máximo a hora
de clase e que non haxa dúbidas.
Ø Selección de material sinxelo.
Ø Actividades que se poidan reciclar.
Ø Actividades fáciles de organizar, flexible e inclusivas
Tipos, técnicas e actividades
Brainstorming
Serve para facer unha avaliación inicial, é moi
participativa porque é un contexto seguro e non require ningunha preparación.
Exemplo: que actividades podemos facer co alfabeto?
Facer un brainstorming de ideas, agrupar ao alumnado e asignarlles unha
actividade das que se propoñan a cada
grupo.
Na clase pensamos nas seguintes:
Personificar as letras
Asociar letras con nomes da clase
Aforcado
Deletrear
Cantar o alfabeto
Palabras encadeadas
Facer listas
A través de listas de respostas podemos traballar
estruturas. Por exemplo:
- One question, too many answers:
Why didn’t you do your homework? (traballamos o pasado)
Because I forgot.
Because I was tired.
Because I didn’t want to.
What will you do with the money your parents will give
you in Christmas? (traballamos o futuro)
I will buy a new mobile phone.
I will give it to charity.
Adiviñar
Ø Two truths, one lie
Ø Escribir titulares de xornal extraños
Xogos con código
secreto
Ø Psicólogo
Este foi, de lexos, a mellor actividade que fixemos ata o de agora. Para este xogo precísanse varios voluntarios, na clase fomos seis, se mal non recordo.
A profesora explica que os voluntarios padecemos unha enfermidade mental, que o resto da clase debe adiviñar facéndonos preguntas a cada un dos "enfermos".
O xogo consiste en que a persoa que contesta, debe facelo coma se fose a persoa que está ao seu lado.
Por exemplo: Se che preguntan se tes os ollos marróns, e a persoa que está ao teu lado ten os ollos azuis, e contestas "Si", esa persoa grita "Psicólogo!" e todas as persoas que participan no xogo cambian de sitio gritando.
O obxectivo non é que descubran a "enfermidade", senón que fagan o maior número de preguntas posibles.
Ø My aunt from Woollamalloo
A profesora explica que ten unha tía que vive nun pobo en Australia chamado Woollamalloo. Esta tía é un tanto peculiar en canto aos seus hobbies. O alumnado fai preguntas para saber qué cousas lle gusta facer e cáles non.
O secreto do xogo é que soamente lle gustan as actividades que conteñan dúas letras repetidas. Por exemplo:
She likes shopping, going to the swimming pool.
Predecir/Discurrir
Poñer un vídeo e facer preguntas, como o de “Ormie the pig”
Predecir/Discurrir
Poñer un vídeo e facer preguntas, como o de “Ormie the pig”
Podemos facer unha lista
a modo de warm up con ideas de cómo pode conseguir as galletas. Unha vez visto
o vídeo, compróbase cáles empregou e cáles non, pódense engadir as que saen no
vídeo. Todo isto pode ser unha actividade de expresión escrita, na que teñan
que encher ocos (He uses to…).
Fotos extrañas
Podemos presentar algunhas fotos que se saian do común, que teñan algo de particular e que os alumnos intenten buscar o porqué. Un bo exemplo son as fotos de Dina Goldstein, como esta:
Bolsa con obxectos
Unha simple bolsa chea de obxectos
da vida cotiá podenos ser de moita utilidade se nos sobra tempo e non temos
actividades preparadas.
Podemos facer:
- Roleplays: con dous voluntarios pódese practicar unha situación de roleplay nunha tenda. Un ten que comprar un obxecto (procuraremos que non saiba como se di) e o tendeiro ten que facerlle rpeguntas para adiviñar o que é.
- Describir algo en 30 segundos
- Enumerar os usos que ten un obxecto sin ser o habitual (lateral thinking)
- Nomear dous sitios: dar un obxecto e un lugar (xardín, sala de estar) e pedirlle ao alumno voluntario que diga para que o pode usar nese sitio en concreto.


