miércoles, 24 de diciembre de 2014

4ª sesión con Luz


Comezamos esta cuarta sesión con varias actividades de warm-up, como non podia ser menos.  A verdade é me parece unha forma moi interesante de captar a atención dos estudantes, porque sempre estamos expectantes a ver que nos trae Luz.
Warming up with “Eggs”
Son un tipo de actividades sinxelas pero moi motivadoras porque dependendo da resposta, o alumno reflexa a súa personalidade.
Son dúas preguntas moi sinxelas:
1.       If you found the egg of an unknown animal, where would you put it?

Ø  In a tree
Ø  Beside a river
Ø  Beside a road
Ø  In a cupboard
2. How do you eat a fried egg?
Ø  The white first
Ø  The yolk first
Ø  You mix both
Warming up with priorities
O alumnado ten que ordear por prioridades as seguintes oracións.
1.      The telephone is ringing.
2.      The baby is crying.
3.      Somebody is knocking at the door.
4.      Your clothes are drying and it’s starting to rain.
5.      The sink is flooded.

Segundo este exercicio, a personalidade do estudante estaría reflexada na clasificación das prioridades. No meu caso escollín,

2. The baby is cryingà family
5. The sink is floodedàsex
4. Your clothes are getting dried and it’s starting to rainàmoney
3. Somebody is knocking at the dooràfriends
1. The telephone is ringingàwork




Actividades de comprensión escrita
Á hora de deseñar este tipo de actividades, temos que ter en conta varios aspectos.
O obxectivo primordial é que desenvolvan estratexias lectoras, por iso as actividades que deseñemos teñen que pedir información concreta. Deste xeito, o alumnado centrarase no que se lle pide e non se bloqueará frente a estruturas gramaticais ou vocabulario novos.
Por outro lado, estas actividades deben ser comunicativas. O trasvase de información non pode ser unidireccional. Para fomentar a motivación no alumnado, debemos buscar materiais que resulten o máis auténticos posibles, é dicir, que o contexto sexa real.
Procedemento
O procedemento á hora de deseñalas é idéntico ao empregado na comprensión oral.
·         Actividade de warm up.

Ø  Predecir o contido a partir do título
Ø  Dar a opinión
Ø  Preguntar, explorar sobre o que saben do tema
Ø  Describir as ilustracións (se as hai)
Ø  Brainstorming

·         Actividade despois da 1ª lectura (sinxela)
Ø  Poñer a ilustración onde corresponda
Ø  Poñerlle un título ao texto

·         Actividade despois da 2ª lectura (complexa)
Introducir vocabulario ou contidos gramaticais. É unha boa forma de ver a gramática en contexto (método indutivo).

·         Actividade de postlectura

Ø  Trasvase de información
Ø  Resumo escrito
Ø  Ampliación sobre o tema. Pódese proporcionar unha páxina web e o alumnado debe seleccionar algo que sea do seu interese e faga un pequeno resumo. Por exemplo: se o texto trata sobre un monumento que sexa Patrimonio da Humanidade, podémoslles pedir que entran na páxina web, vexan que outros monumentos son Patrimonio da Humanidade e escriban sobre el.
Ø  Comentario sobre o tema

Á hora de deseñar estas actividades de postlectura, que podemos mandar como deberes, debemos facelo de tal forma que o alumnado non teña a opción de facer un “corta pega”.
Por iso é moi importante que sexa unha actividade individual e persoal, o contido ten que saír deles, e non dunha páxina web. Isto non quere dicir que non poidan obter información de Internet, poden empregar dicionarios en liña e demais, seleccionar fotos ou datos que lles poidan enriquecer o seu traballo, pero nunca substituír o traballo persoal.

Por exemplo, no canto de describir a alguén famoso, podemos pedirlles que falen dalguén a quen eles admiren.

O control de lectura
Algo moi habitual na clase de lingua estranxeira é facer un control de lectura.
Para poder atender á diversidade, debemos propoñer varíos títulos de varios niveis e que eles escollan.
Como proba de lectura podemos facer un test de resposta multiple e un comentario (opcional).

Unha maneira de motivar ao alumnado e de sacarlle todo o proveito esta comprensión lectora, Luz contounos o que ela fixo na súa clase varias veces, algo moi sinxelo de preparar pero que ten moito éxito.

Pediulles aos alumnos que despois de ler o libro, seleccionasen un anaco que lles parecese interesante. Debían engadirlle una foto relacionada co libro e escribir en dúas ou tres liñas a quen llo recomendaban.

Unha vez feito, colgáronse todos os traballos nas paredes da clase e dedicaron parte dunha clase a ler os diferentes extractos de libros. Tamén fixeron un concurso no que votaron cál era o máis elaborado.

Outra forma, quizais máis innovadora, é traballar con book trailers. Trátase dunha moda moi recente que está tendo moi éxito, da que podemos tirar moito proveito na nosa clase.

Con Luz vimos o book trailer de Cirano de Bergerac, este vídeo soamente tiña imaxe e texto, liñas moi breves que facían o resumo do libro en cuestión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario