sábado, 29 de noviembre de 2014

2ª sesión con Carlos

Nesta segunda sesión, de carácter puramente teórico, traballamos unha serie de aspectos relacionados coa didáctica das linguas estranxeiras.
En primeiro lugar, vimos as diferentes situacións de ensino (en idade precoz, secundaria, formación profesional, senior ou a estranxeiros). Estas a súa vez presentan tres variábeis que debemos ter moi en conta á hora de programar unha clase. Estas son:
As características do alumnado
Dentro deste apartado o aspecto a ter máis en conta é a idade, xa que a nosa forma de aprender varía en función da nosa idade. Puren creou unha grella na que se establecen as idades idóneas para a aprendizaxe de idiomas; afirma que a idade ideal é antes de cumprir un ano de vida. Segundo este autor, a predisposición para aprender unha lingua xa comeza no ventre materno, xa que ten unha gran riqueza perceptiva e pode discriminar un gran número de sons.
 Hai estudos que demostran que se o bebé está exposto de maneira continua a unha lingua, xa comeza a distinguir os diferentes fonemas e a entoación e que unha vez nace e aprende esa lingua, ten unha predisposición moito maior.
A segunda mellor idade está entre o 1 e os 6 anos. Nesta franxa a capacidade de imitación dos nenos é moi grande, por iso a programación debe incluír exercicios de produción oral, en forma de cancións, por exemplo.
Porén, a seguinte franxa, entre os 7 e os 9 anos considérase crítica por varios motivos. En primeiro lugar, porque é un período de reorganización perceptiva, comezan a tratar os conceptos dunha maneira analítica e non global. Algo positivo é que son capaces de repetir secuencias máis longas, o cal favorece a aprendizaxe dunha lingua estranxeira.
A partir dos dez anos, considérase que o neno comeza a perder boa parte da riqueza perceptiva, a maleabilidade cerebral e a plasticidade dos controis motores e converten a súa lingua inicial nun filtro, é dicir, hai un proceso moito maior de tradución antes da produción na lingua estranxeira. Isto é unha diferenza moi grande con respecto ao aprendizaxe en idades máis tempranas, nas que interiorizan os contidos sen facer ese proceso e a produción é máis entoativa.
A partir dos doce anos, o proceso de aprendizaxe é similar ao dun adulto: o alumno ten a súa lingua inicial como filtro, sabe que precisa saber gramática, pero é moi frecuente a aparición de bloqueos cognitivos ou a inhibición, normalmente debida a problemas co propio corpo e tamén como consecuencia do proceso de cambio que están a experimentar como adolescentes (cambios físicos, búsqueda da identidade, pensamento formal).
Por outro lado, hai que ter moi en conta o tipo de lingua que ensinamos (lingua aglutinante ou sintética) e as etapas na adquisición da mesma (léxico e fonética, gramática, regras socioculturais).
Non ten nada que ver ensinar alemán que francés. Na didáctica do alemán a morfoloxía e a sintaxe xogan un papel determinante dende os niveis máis iniciais, mentres que no inglés non é así. A gramática inglesa é moi simple, as dificultades residen na grande variedade de acepcións dunha mesma palabra (warm).
No caso do francés, a fonoloxía tamén é fundamental. Nos niveis iniciais hai que dedicar un gran número de sesións a traballar os fonemas. Para motivar ao alumnado cómpre empregar mots-transparents e apoiarse nas semellanzas gramaticais coa lingua inicial.
Deste concepto de adquisición dunha lingua estranxeira xorden outros dous: interferencia e erro. O primeiro foi acuñado por Selinker, que consideraba que o alumno ía construíndo un sistema transitorio de forma progresiva; tratábase dun proceso en espiral, nunca en liña recta. Partía dunha hipótese sobre o funcionamento da lingua estranxeira, pasaba por unha fase de revisión e finalmente xurdía unha aproximación.
É moi importante que durante este proceso os docentes fagan ver ao alumnado que os erros forman parte da aprendizaxe e a evolución da súa interlingua; non se deben estigmatizar, senón que hai que confrontalos coas formas normativas, xa sexa repetindo o dito polo alumno pero na forma correcta ou facéndole ver onde está o erro, unha vez finalice de falar.

Características do centro de ensino
Ademais dos diferentes tipos de centro que existen na actualidade (públicos, concertados e privados), destacaría a tradición pedagóxica. Con respecto a este tema, pareceume moi interesante un comentario que fixo o profesor acerca da existencia de diferentes tradicións pedagóxicas dependendo do país en cuestión. A raíz deste comentario, busquei información e atopei un vídeo sobre a educación en Corea do Sur. O video titúlase “Los excesos de la educación coreana”. Se vos é de interese, botádelle unha ollada á entrada que lle adiquei ;)
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario