Nesta
primeira sesión, de toma de contacto, traballamos varios conceptos básicos para
comprender a didáctica da LE. Este conceptos son a lingua inicial, a segunda
lingua e a lingua estranxeira.
Lingua
inicial: é a que primeiro aprende unha crianza, de forma inconsciente e antes
da etapa escolar.
Segunda
lingua (ou lingua ambiental): adquírese despois da inicial, de forma consciente
porque estamos expostos a ela na escola, na rúa ou no traballo.
Lingua
estranxeira: apréndese na escola, de forma consciente e non se trata dunha
lingua vehicular.
Con respecto ao contexto de uso, distinguimos:
Con respecto ao contexto de uso, distinguimos:
Lingua
habitual:
usada por un falante na maioría de contextos. Non é sempre a habitual.
Lingua
de traballo: constitúe o principal medio de
comunicación nunha empresa multinacional, nun organism internacional, ou nun
estado plurilingüe.
A lingua de traballo e a oficial
non son sinónimas.
Lingua
vehicular: serve de medio de comunicación
entre falantes de linguas diferentes. Negócianse/escóllense para finalidades ou
actividades concretas.
Na didáctica das linguas os obxectivos son enriquecer o repertorio lingüístico do alumnado e cohesionar unha comunidade lingüística. Podemos diferenciar varios tipos de didáctica dependendo da lingua que se ensine (inicial, segunda ou ambiental e estranxeira). Moi vinculado á didáctica das linguas estranxeiras está o concepto de CLIL (Content Learning Integrated Language). Consiste en ensinar unha materia do curriculum (Xeografía, Matemáticas, Plástica,etc.) nun idioma estranxeiro.
Cada vez estase a implantar máis este concepto no sistema educativo. Na miña opinión é algo moi positivo na aprendizaxe, xa que serve para mellorar as competencias lingüísticas na lingua estranxeira do alumnado, e en consecuencia, facilitaralles a aprendizaxe doutras linguas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario