miércoles, 14 de enero de 2015

O cine na clase de FLE I

Nesta entrada fixen unha selección de películas que, na miña opinión, poden incluírse na clase de FLE, porque todas retratan momentos (Revolución Francesa) ou personalidades relevantes na cultura francesa, tanto do mundo da música (Edith Piaf), como da moda (Yves Saint-Laurent e Coco Chanel).

  •   La Môme (2007)

Biografía sobre un dos iconos da música francesa, Edith Piaf, alcumada La Môme (a nena). Na miña opinión, o mellor desta película é a interpretación de Marion Cotillard, que obtivo un Oscar e un Globo de Ouro. Dende a súa infancia nos suburbios de París, ata  a súa época de fama e gloria, a película retrata a vida da famosa cantante, unha loita por sobrevivir e marcada polas súas adiccións.



  • Coco avant Chanel (2009)
Céntrase na etapa de aprendizaxe da prestixiosa deseñadora de moda e mostra cómo unha rapaza xoven de familia moi humilde, autodidacta pero cunha personalidade excepcional, convírtese nun símbolo de éxito e liberdade. A película tivo unha nominación ao Oscar como mellor vestiario e catro nominacións aos Bafta, como mellor actriz (Audrey Tautou) e mellor vestiario.



A Revolución Francesa

Estas son cinco películas (ordeadas cronolóxicamente) que tratan a Revolución Francesa, dende diferentes estilos e puntos de vista, pero todas interesantes para traballar este tema tan importante da cultura francesa.

  • La Marseillaise (1938)

O lexendario cineasta francés Jean Renoir se centra neste filme nos acontecementos máis temperáns da Revolución Francesa. Adopta un formato de noticieiro, e varios puntos de vista de persoas involucradas (cidadáns de Marsella, un conde exiliado en Alemaña ata o propio Luis XVI).


  • A tale of two cities (1958)
Película británica baseada na novela homónima de Charles Dickens, protagonizada por Dirk Bogarde e Dorothy Tutin. Céntrase en Sydney Carton, un avogado inglés que descobre que un antigo cliente seu é un aristócrata francés que intenta fuxir da revolución.

Atopei a película en Youtube, por se alguén ten interese en vela.

https://www.youtube.com/watch?v=C-c9ykMztoU

  • Danton (1983)
Céntrase nos últimos meses de George Danton (Gérard Depardieu), un dos líderes da Revolución Francesa, que morreu na guillotina. 

  • Le pacte des loups (2001)
A película comeza durante a Revolución Francesa, co Marqués d'Apcher escribindo as súas memorias nun castelo. A continuación se narra mediante flashbacks a historia do cabaleiro Grégoire de Fronsac e o seu amigo Mani, un indíxena americano, que, en 1764, encargáronse de investigar os asesinatos cometidos por unha bestia. Os acontecementos estáns inspirados en asesinatos reais que aconteceron en Francia a mediados do século XVIII, e no mito da bestia de Gévaudan.



  • Les adieux à la reine (2012)
A protagonista, Sidonie Laborde (Léa Seydoux, La vie d'Adèle) traballa na corte da raíña María Antonieta (Diane Kruger) como lectora. Se ben é certo que ten un trasfondo histórico, a película céntrase sobre todo na relación de Sidonie coa raíña.
Sinte verdadeiro fervor e admiración por ela e teme pola súa vida nun período tan turbulento. Podemos apreciar o humor tan cambiante da raíña e a profunda tristeza que lle provoca alonxarse da súa querida Gabrielle (duquesa Gabrielle de Polignac), coa que ten unha estreita relación, tan estreita que fainos dubidar de se é unha relación de amizade ou amorosa.


Proximamente subirei unha segunda entrada sobre cine na clase de FLE. Agardo os vosos comentarios!

3 comentarios:

  1. AO uso do cine, tanto de películas completas como de trailers ou clips de vídeo, é moi apropiada porque ofrecen un abano moi amplo de posibilidades ademáis de servir de contexto perfecto para amosar o uso da lingua. Por suposto, hai que traballalas moito con actividades antes e despois, igual que fixemos cos textos. Non poden converterse nunha simple maneira de encher tempo de clase, como di unha amiga, en "pelis PORNO" (= por no tener que dar clase)!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Iso está claro, o visionado dunha película sempre debe obedecer a uns obxectivos concretos e complementar unha unidade didáctica.
    Anoto o concepto de "pelis porno", grazas polo comentario!

    ResponderEliminar