O clásico
O de accións
O de viaxes
Este xogo tan divertido foi un descubrimento que fixen grazas á nosa profesora Luz, ata o de agora xamais escoitara a alguén falar deles. Ben, se entrades na páxina web https://www.storycubes.com/ veredes que hai seis formas diferentes de xogar, aínda que pódense crear infinidade delas.A mín ocorréuseme a seguinte:
Os dados do tarot
Evidentemente, as prediccións que fagan van ser completamente surrealistas porque dependen do debuxo que lles toque. O obxectivo lingüístico é traballar o futuro e os modais. Estes serían uns exemplos básicos:
Mon copain m'a quittée- Deixoume o mozo.
J'ai raté deux matières- Suspendín dúas asignaturas
Je suis amoureux de ma meilleure amie. Qu'est-ce que je peux faire?- Estou namorado da miña mellor amiga. Que podo facer?
Mon hamster est mort et je suis très triste- O meu hámster morreu e estou moi triste.
Les filles ne m'aiment pas car je suis très petit- Non lles gusto ás rapazas porque son baixiño.
Aínda que eu deseñei esta actividade para 4º ESO, é fácilmente adaptable modificando os problemas das tarxetas.
Que vos parece esta actividade?Agardo os vosos comentarios!



Que boa idea, Marta!
ResponderEliminarÉ do máis orixinal. Logo, quizais, haberá que facer unha sesión de titoría para que o alumnado racionalice e non se deixe embaucar polos anuncios de tarot ;)
En serio, paréceme unha aplicación dos dados realmente singular e divertida. Chapeau!
Graciñas, Iolanda! Para comprobar se é un bo xogo, hai que probalo nas prácticas ;)
ResponderEliminar