lunes, 2 de febrero de 2015

Actividade de titoría- Histoires de conso

Esta actividade está deseñada para un grupo de 1º Bach. nunha sesión de cincuenta minutos e ten por obxectivo concienciar ao alumnado sobre o consumo de alcohol. Antes de explicala, hai que aclarar que para o correcto desenvolvemento da sesión precísase o apoio do orientador do centro, posto que terá máis información sobre este tema cá nós.
Como ben indica o título, Histoires de conso (Historias de consumo), trátase dun xogo no que cada alumno debe imaxinar un escenario de consumo de alcohol. Explícome:
No encerado haberá un total de seis campos de diferentes cores, cada un representa un factor (número de cubatas, humor, contexto, xénero, comida, bebida)que afecta á hora de consumir alcohol.
Cada un dos campos conta cun número de tarxetas que o alumno/a debe empregar para crear ese escenario (unha tarxeta por campo). Esta é a información das tarxetas:
sexe (xénero): femme/homme
repas (comida): pendant le repas, après le repas, a jeun
contexte (contexto): seul, repas de famille, bar/boîte, chez des amis, dehors
humeur (estado de ánimo): triste, en colère, rien de spécial, stressé, révolté, joyeux
boisson (bebida): mélange, bière, apéritif, premix, boisson sans alcool, alcool fort
nombre de verres (número de vasos ou cubatas): tarxetas 1 verre, 2 verres... (ata 10)

O xogo consiste en que cada alumno saia ao encerado e invente un escenario, o ideal é que sexan variados entre sí para poder ver as diferencias entre eles. Cando están todos os campos completos, o alumno debe responder ás preguntas que lle formule a docente/o orientador. Estas poden ser:

  • Paréceche realista esta historia? 
  • Como cres que se sinte esta persoa despois de beber? A qué cres que se debe ese estado? Ao seu xénero? Ao seu estado de ánimo? Ao número de vasos que bebeu? Ao contexto? Ao tipo de alcohol? Ao feito de que (non) comeu?
  • Se cambiamos un dos factores, cambiaría o escenario? De qué maneira?
  • Identifícaste con esta historia?

A través destas preguntas, o obxectivo é que o alumnado reflexione sobre as seguintes cuestións:

  • A noción de vaso estándar: diferencias de beber nun bar ou na casa, a capacidade de autoavaliación en canto ao consumo de alcohol, as misturas de alcohol, etc.
  • Os mitos sobre o alcohol: as diferenzas entre o home e a  muller á hora de beber alcohol ("O home ten máis aguante", "As mulleres prefiren os cocktails"), as diferentes gradacións de alcohol e os clichés sobre as bebidas ("O viño e a cerveza non suben tanto coma o vodka") e a forma de eliminalos ("Eu vomito e despois sigo bebendo", "Un café e listo")
  • A influencia do grupo: A resistencia á presión ("Veña, toma outra"), a competición (xogos de beber), etc.
  • A motivación para beber alcohol: curiosidade, búsqueda de sensacións, necesidade de desafiar os límites, desinhibición, xestión do estrés ou o agobio, etc.
  • Os niveis de consumo: as primeiras veces, consumo regular ou ocasional, consumo abusivo en festas, as diferentes formas de dependencia, etc.
  • Os riscos: vómitos, perda de consciencia e memoria, sobredose (coma etílico), accidentes de tráfico, conduta agresiva e violenta, contaxio de enfermedades venéreas, etc.
  • As oportunidades de consumo: momento de socibilizarse, dispoñibilidade de alcohol (venta en supermercados e bares, presencia de bebidas alcohólicas na casa)
  • O contexto de consumo: beber só ou en grupo, momento do día no que se bebe, etc.

A docente e o orientador poden retomar un destes elementos citados e propoñer estratexias para reducir os riscos asociados ao consumo de alcohol. Algunhas delas son:

  1. Beber auga.
  2. Espaciar os días que se bebe alcohol.
  3. Inxerir algún alimento cando se bebe alcohol.
  4. Buscar alternativas ao consumo de alcohol.

Este xogo pódese adaptar para concienciar ao alumnado sobre outras substancias (marihuana, heroína, cocaína...).

Esta actividade atopeina na páxina web do CRIPS, un centro da rexión Île-de-France dedicado á prevención de enfermidades venéreas e condutas de risco nos xóvenes.
Déixovos aquí a ligazón:http://www.lecrips-idf.net/miscellaneous/animatheque-histoire-conso.htm

Espero que vos gustase!

No hay comentarios:

Publicar un comentario