lunes, 1 de diciembre de 2014

1ª sesión con Luz

Esta primeira sesión con Luz foi de introdución e de toma de contacto con ela, pero traballamos de forma xeral varios aspectos importantes na didáctica da lingua de estranxeira.
Primeiro, fixemos dúas actividades de warm up. Na primeira, Luz contou tres feitos da súa vida, e nos tiñamos que adiviñar cál das tres era falsa. O obxectivo desta actividade era romper o xeo e ter a primeira toma de contacto entre a profesora e o alumnado e facer unha avaliación inicial do grupo.
Na segunda actividade tiñamos que encher uns espazos determinados con datos personais seguindo as instrucións da profesora. Con esta actividade traballamos a comprensión oral e dunha forma moi sinxela, algo que temos que ter sempre en conta é que o information gap ten que ser real.
Na segunda parte da clase traballamos varios conceptos básicos vinculados á didáctica das linguas estranxeiras. Son os que seguen:
AICLE/CLIL (Content Learning Integrated Language)
Consiste en impartir unha material do curriculum (Matemáicas, Xeografía,etc) nunha lingua estranxeira; a lingua estranxeira pasa a ser a lingua vehicular.
 Competencias básicas
Son unha serie de habilidades que todo o alumnado debe alcanzar durante a educación obrigatoria. Son 8:
Ø  competencia lingüística
Ø  competencia matemática
Ø  competencia de coñecemento e interacción co mundo físico
Ø  competencia dixital
Ø  competencia social e cidadá
Ø  competencia cultural e artística
Ø  competencia para aprender a aprender
Ø  competencia da autonomía e iniciativa persoal
Enfoque por tarefas
É a proposta dun programa de aprendizaxe de lingua, que ten por obxectivo fomentar a aprendizaxe mediante o uso real da mesma en contextos comunicativos reais.
Sección bilingüe
Son clases ou grupos que en determinados centros teñen dúas linguas vehiculares, normalmente estas adoitan ser o castelán e o inglés.
Life skills
Como o propio nome indica, son unha serie de capacidades “para a vida”; o obxectivo das competencias básicas é que o alumnado as adquira e as integre, de maneira que lle poidan servir para toda a súa vida.
Marco común europeo
É un estándar europeo que sirve para medir o nivel de comprensión oral e escrita nunha lingua.
Avaliación formativa
Trátase de actividades que permiten avaliar certos contidos vistos en clase antes de pasar a outro tema.
Descriptores (rubrics)
Son grellas nas que aparecen os obxectivos e contidos que o alumnado debe alcanzar nun período de tempo, axudan á avaliación do alumnado
Atención á diversidade
É unha cuestión prioritaria hoxe en día no sistema educativo, é un apartado que fai referencia ás actividades de reforzo que o docente debe incluír na unidade didáctica para aquel alumnado que teña necesidades especiais.

Por último, estivemos vendo a “notional-functional approach”. Xurdiu nos anos 70; este enfoque comunicativo ten as seguintes características.
1.      Ten que haber un needs analysis.
2.      O information gap ten que ser real.
3.      Ten que haber un contexto, ten que ser meaningful.
Céntrase en actividades e tarefas (task approach). A diferencia dos exercicios, que están controlados polo docente e teñen un carácter restrictivo, nas actividades e tarefas hai un aporte do alumno.
As actividades de lingua traballan catro skills ou compétences. Ademais, produciuse un cambio na súa división (reading, writing, listening, speaking) a capacidades receptivas (reading, listening) e productivas (writing, speaking).

A primeira impresión desta clase foi moi boa, ten un carácter moi práctico, espero que sexan todas así!



No hay comentarios:

Publicar un comentario