Nesta segunda sesión traballamos as competencias
básicas.
As competencias básicas son aquelas que debe desenvolver un
alumno ou unha alumna ao longo de todo o ensino obrigatorio (primaria e
secundaria) para poder lograr a súa realización persoal, exercer a cidadanía
activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de
desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.
Foron definidas no proxecto DeSeCo (Definición e Selección de Competencias) e establece que unha competencia abrangue máis que coñecemento e habilidade. Serven para facer fronte ás demandas e necesidades tan complexas da sociedade actual.
Integra os tres tipos de saberes: Saber teórico (coñecemento), Saber
pragmático (habilidades
e destrezas) e Saber ser (actitudes).
Deste xeito, a
adquisición das devanditas competencias non é exclusiva dunha material en
concreto; cada
unha das áreas contribúe ao desenvolvemento de diferentes competencias e, á súa
vez, cada unha das competencias básicas alcánzase como consecuencia do traballo
en varias áreas ou materias.
Na clase de lingua
estranxeira non se traballa única a exclusivamente a competencia lingüística,
posto que ao traballar en temas transversais, trabállanse varias competencias.
As competencias básicas
son 8:
- Competencia lingüística
- Competencia matemática: ademais da lingüística, en clase de lingua estranxeira tamén podemos traballar esta competencia, mediante as medidas de peso, a lonxitude, os números, as horas, as porcentaxes, séculos, etc.
- Competencia de coñecemento e interacción co mundo físico: pódense traballar temas que foemnten esta competencia; por exemplo coa xestión de residuos, o cambio climático, a colonización (xeografía), etc.
- Competencia dixital: coa implantación das TIC no sistema educativo, esta competencia podémola considerer inherente á clase de lingua estranxeira.
- Competencia social e cidadá: esta competencia pódese traballar en temas como o tratamento de cortesía, mecanismos de participación (levantar a man para falar, non imterromper cando alguen fala), traballo en grupo, diferenzas culturais.
- Competencia cultural e artística: esta competencia é a máis vinculada á aprendizaxe da lingua estranxeira, despois da lingüística. No proceso de aprendizaxe vai implícito o coñecemento da cultura, xa que non se traballa a base de exercicios, senón de temas (O medio ambiente, as novas tecnoloxías, os deportes, os viaxes); eses temas serven de base para dar a coñecer a cultura meta.
- Competencia para aprender a aprender.
- Competencia da autonomía e iniciativa persoal: estas dúas últimas competencias son de especial importancia, contribúen ao desenvolvemento dunha persoa, dándolle a capacidade de aprender por si mesmo e de ser autónomo.
Para entender cómo podemos traballar varias competencias na clase de lingua estranxeira, Luz ensinounos varios materiais moi interesantes, entre eles un vídeo sobre o consumo de auga e un traballo de colaboración entre dúas materias (Inglés e Informática).
Como a clase anterior, esta tamén me resultou moi produtiva porque traballamos os contidos dunha forma moi práctica. Penso que desta forma entendemos mellor como debemos enfocar as clases de lingua estranxeira: transversal, dinámica e enriquecedora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario