Comezamos
esta terceira sesión cunha actividade de warm up. Consistía en facer unha lista
de dez verbos de acción e outra de sustantivos. A continuación, tiñamos que
asignarlle un número do 1 ao 10, e escoller das dúas listas a palabra que
correspondía a ese número.
No
meu caso asignei o número 1 á lista de verbos e 2 á de sustantivos, de maneira
que escollín o primeiro verbo (manger) e o segundo sustantivo (musique). O
obxectivo da actividade era inventar unha profesión (mangeuse de musique); o
obxectivo do xogo era explicar profesións disparatadas e traballar a
creatividade.
É
unha actividade deseñada para traballar en parellas ou pequenos grupos; pódese
escoller a máis orixinal e contala ao resto da clase. Na miña opinión, paréceme
que é unha actividade orixinal pero que non se pode realizar en todos os
grupos, creo que podería funcionar nun grupo moi participativo e cunha boa
capacidade de expresión oral na lingua estranxeira.
O
resto da clase dedicámolo a cómo traballar un material de clase. Escoitamos
unha comprensión oral (soamente audio), moi adecuada para introducir un tema.
Este tipo de exercicios serven para aprender a valorar as pistas non verbais e
centrarse na información que se lles pide.
Á
hora de deseñar actividades nunha comprensión oral, debemos seguir unha
estrutura, aumentando a dificultade de forma progresiva. Podemos comezar
escribindo o título na pizarra e preguntarlles cál pode ser o tema e escribir
vocabulario relacionado co tema.
A
primeira actividade despois da primeira escoita debe ser sinxela e que lles sirva
para manter a atención. Podemos pedirlles que enchan unha pequena táboa con
datos, que marquen cales das afirmacións son verdadeiras ou falsas, etc.
Na
segunda actividade xa podemos aumentar a dificultade e facer preguntas concretas
sobre a comprensión oral ou un exercicio de encher ocos. Posibles actividades
para facer na casa poden ser ordenar a transcripción, facer un resumo ou dar
unha opinión persoal sobre o tema que se trataba na comprensión oral.
Outra
forma de traballar a comprensión oral é contar un conto. Podemos empregalo para
introducir novas estruturas gramaticais, como os condicionais. Dependendo do
nivel da clase, podemos deseñar varias actividades. Para un nivel máis baixo
podemos pedirlles que pidan un desexo (Si j’étais/I wish I were), pedirlles que
conten a moralexa ou que conten a historia desde o punto de vista doutra
personaxe.
Un
exercicio máis complicado pode ser que inventen un final alternativo, que
cambien a historia desde un momento do conto ou que predigan o futuro do
protagonista.
Na
última parte da clase aprendemos a traballar con cancións. Persoalmente, creo
que é unha forma moi interesante de motivar ao alumnado e de traballar todas as
capacidades. Por un lado, trabállase a comprensión oral (escoitar a canción) e
a escrita (ler as actividades propostas), a expresión oral (podemos pór
soamente o video e pedirlles que conten o que ven) e a expresión escrita (plasma
a historia da canción por escrito). Ademais de traballar a competencia
lingüística, pode servir para que o alumnado mellore a competencia social e
cidadá. Como por exemplo a canción que escoitamos na clase, Daniel, que fala da
Guerra do Vietnam.
Déixovos aquí dúas ligazóns que atopei en Internet para traballar con cancións (absterse profes de Inglés).
- Esta é unha páxina web con cancións clasificadas por niveis e temas.http://platea.pntic.mec.es/cvera/hotpot/chansons/
- Neste blog atoparedes cancións clasificadas por temas (amor, amizade, homosexualidade…) http://la-vie-en-chansons.blogspot.com.es/2011/02/chansons-le-temps-qui-passe.html
Por fin xa teño tempo de volver facer visitas aos vosos blogs! Acabo de entrar no teu por primeira vez e pareceme moi interesante e completo, teño que dedicarlle máis tempo.
ResponderEliminar