Despois de falar na clase dos diferentes tipos de didáctica e como a tradición pedagóxica varía duns países a outros, decidín buscar información sobre o tema...et voilà, atopei unha reportaxe sobre a educación en Corea do Sur. Emitiuse nun canal francés, pero está subtitulada en castelán. O título xa nos dá unha pista, pero o mellor é que o vexades por vós mesmos. Máis alá de estar a favor ou en contra, recoméndovolo porque de seguro que vos fará reflexionar.
Esta é a ligazón:https://www.youtube.com/watch?v=eYMTP4sXqtE
Esta é a ligazón:https://www.youtube.com/watch?v=eYMTP4sXqtE
O
concepto de educación neste país difire moito do que podemos ter en Occidente.
Para nós a educación serve para facer xente de ben, adquirir unha serie de
valores basados na tolerancia, o respeto e o saber, evidentemente. Porén, en
Corea do Sur este concepto está baseado na competitividade e o éxito académico.
Para entender o por qué desta maneira de concebir a educación, temos que botar
unha ollada á historia. Corea do sur era un país pobre; en 1967, seis de cada
dez surcoreanos eran analfabetos. En menos de 30 anos, o 96% van á universidade
e na actualidade é a décimo terceira potencia mundial. Destes datos se
desprende que a educación é unha das claves de ese éxito.
Para facermos unha idea do alto
nivel de competitividade ao que son sometidos os nenos, temos que saber que
existen uns campamentos de fin de semana aos que os nenos de primaria teñen que
ir. Estes adestramentos están impartidos por personal military e o obxectivo é
fomentar a competitividade dos rapaces. Isto lógrase a través de arduos
exercicios físicos ata ben entrada a noite, coñecementos básicos de
supervivencia e exposicións nas que prometen esforzarse máis e ser mellores
estudantes.
Segundo varios estudos, os
alumnos surcoreanos ocupan o primeiro posto no ranking mundial. É de entender
que o goberno estea orgulloso e fixese da educación un dos pilares básicos. Os
alumnos deben dar o mellor de eles mesmos para demostrar o amor ao seu país, a
educación é o estandarte da nación. En palabras dun antigo conselleiro
presidencial en educación, “o éxito do estudante e o éxito da familia, e en
consecuencia, é a herencia histórica de Corea”.
Outro dato interesante: os
estudantes surcoreanos traballan de media 15 horas ao día. A isto hai que
sumarlle as horas que asisten a un Haguon (centros privados que ofrecen cursos,
a un precio elevado, para asegurar uns óptimos resultados académicos).
Na miña opinión, é de admirar que un país puidese saír adiante e convertirse na décimo terceira potencia mundial nun tempo récord. Pero, ¿a que prezo? Este sistema pon en risco ao alumnado máis vulnerable. O número de estudantes que acuden a un psicólogo aumentou notablemente nos últimos anos. Entre os problemas máis frecuentes están o estrés, a depresión e o insomnio. E para rematar, un dato escalofriante... no ano 2009, 2.000 estudantes (primaria, secundaria e bacharelato) quitáronse a vida.
Dito isto, que pensades vós?Abro o debate para quen queira dar a súa opinión, espero os vosos comentarios!
Ola, ao longo da miña carreira (estudos de Asia oriental) temos reflexionado bastante sobre o tema, pero aínda son incapaz de facer una articulación da miña opinión.
ResponderEliminarA todas luces, e dende unha perspectiva occidental, este sistema semella unha aberración. Non é un sistema exclusivo de Corea do Sur, senón que é o que leva primando en Xapón, e nas últimas décadas na zona urbana da China. Tampouco son esaxeracións dos documentais, xa que teño estudado con estudantes asiáticos e todos confirman o que se mostra nos documentais. Nalgúns casos incluso topei alguén (coreano) que me dixo: "na realidade é moito peor". Certo, ninguén me defendeu este sistema,e aínda así, cando estes rapaces son adultos fortalecen o sistema enviando aos seus fillos a este tipo de escolas e exercendo tanta ou máis presión neles na casa. As enfermidades psicolóxicas, suicidios e demais aparecen nos noticiarios todos os días, e parece ser un prezo que están dispostos a pagar. Esixencias do guión se queren ser primeiras potencias mundiais. Un caso curioso é o da China, que ven adoptando este sistema en zonas urbanas, tras comprobar os bos resultados que se reflicten nas probas PISA. Volo digo, nós vamos polo mesmo camiño. Sistemas educativos ao servizo da política.
Agora ben, dito todo isto, creo que é importante ter en conta as diferencias entre a sociedade asiática e a nosa, Un sistema de valores completamente distinto, pero tamén unhas características xeográficas,e, sobre todo, demográficas que afectan en gran medida as políticas educativas. Non querendo xustificar os seus erros, quero dicir que as nosas propostas educativas non serían aplicables en nalgúns países.
Realmente interesante o documental, Marta. Grazas por partillalo.
ResponderEliminarPor suposto, non teño os coñecementos de Adriana (once again, a pleasure to read you!) como para asentar unha opinión tan elaborada.
Entendo como esa competitividade que comentas, Marta, se reflicte na carreira tecnolóxica: recordemos que Samsung provén de Corea do Sul ou que unha serie omnipresente en todo o mundo, The Simpsons, realiza aí a súa animación. Competitividade empresarial, que significa igual ou mellor rendemento a un custe económico máis baixo que no mundo occidental, porén alimentada, como fas ver, por unha competitividade académica a un custe vital máis alto que no mundo occidental. Certamente.
Outro documental afín, cuxo visionado recomendo, é Please Vote for Me (aquí podese ter máis información e ver o tráiler: http://www.pbs.org/independentlens/pleasevoteforme/). Acontece nunha aula chinesa de primaria e, obviamente, China non é Corea do Sul, pero en torno a un argumento case transversal (as eleccións a delegado da clase) podemos ver unha análise das expectativas sociais en idades tempranas moi diferentes desta parte do mundo. Por suposto, un dos factores subxacentes clave é a política social chinesa de fillo único.
En conclusión, e a colación do que acababa alegando Adriana, sería interesante poder localizar un documental ou serie de documentais sobre os cambios que os informes PISA poidan ter producido nos distintos países.
Un saúdo.
Estoy de acuerdo contigo. Supongo que alguna gente dirá que el fin justifica los medios... En mi opinión, pienso igual que tú, que conseguir un objetivo está bien pero ¿cuál es el precio a pagar? y ¿quién paga ese precio? Yo estoy en contra de la competitividad como tal, estoy de acuerdo en competir mediante juegos donde todo el mundo pueda ganar algo o si gana uno solo que no sea algo muy extraordinario. Este tipo de competencias las hago en grupo, para que no haya nunca una sola persona que gana ni una sola que pierde. Los niños son muy sensibles a este tipo de cosas y lo de ganar y perder se lo toman muy en serio. Intentaría que de cada vez ganase alguien distinto mediante diversos métodos. Creo que la presión psicológica y el agobio a ciertas edades puede tener repercusiones negativas en los alumnos y marcarlos en el futuro. Por eso, coincido contigo y creo que hay que tener cuidado con la competitividad y con exigir demasiado a los alumnos.
ResponderEliminarSinceramente, os estudantes surcoreanos semellan escravos, non escravos no sentido clásico da palabra, máis ben escravos da competitividade duns con outros, a necesidade de ser o mellor. Como ben dis é un alto precio a pagar para poder ser unha potencia mundial, pero realmente paga a pena?
ResponderEliminarComo ben di Tania, é mellor colaborar entre todos e obter o mesmo resultado que loitar por desbancar aos outros co único fin de levar o mérito.
Somos sociedades totalmente distintas, pero todos somos humanos, e sabemos ben como nos sentimos cando non somos capaces de conseguir algo. Con ese sistema de ensinanza-aprendizaxe elimínase a empatía e a humanidade co fin de obter "máquinas". Aquí queixámonos da mercantilización da educación, esperemos non acabar así.
Moitas grazas polos vosos comentarios! Cando Carlos fixo o comentario na clase, automaticamente pensei en Corea do Sur. Cando vin o documental déronme arrepíos só de pensar no dura que é a vida para un neno ou adolescente, se supón que a etapa e a adolescencia son as mellores etapas na vida dunha persoa. Porén, nos seus casos será cando teñan un bo traballo e gañen moitos cartos, pero por outro lado supoño que para gañar moitos cartos terán xornadas laborais longuísimas... É un círculo vicioso do que non se pode saír, a menos que lle poñan fin á súa vida...
ResponderEliminarCon respecto ao teu comentario sobre a mercantilización da educación, Tomás, creo que aquí tamén imos por ese camiño da escravitude, a diferenza é que aquí o goberno faino dunha maneira moi sutil e como pretexto para aplicar recortes nun dos sectores principais dun país primer mundista como se supón que é o noso.
Para min, un modelo a seguir é o implantado nos países nórdicos, todo un exemplo. Se vos interesa o tema, déixovos a ligazón dun programa de Salvados sobre a educación en Finlandia.
https://www.youtube.com/watch?v=Z-4hHmokYAc&list=PLkRb2eL2YohuHT9CoYB0v97dP3VPFwteO
A verdade é que o vídeo mostra moi ben a diferencia entre Finlandia con España, non xa no sistema educativo, senón a nivel cultural. O último dos vídeos tamén fala de Singapur, que semella ser algo parecido a Corea do Sur, onde os alumnos están horas e horas, frente os 45 minutos por clase e 15 de descanso entre clase e clase de Finlandia.
EliminarA diferencia entre Corea e Finlandia nos informes PISA non é tan grande, e é menor se a comparamos con España, pero o nivel de vida dun estudante finlandés é realmente superior. E como ben din no vídeo, para acadar iso hai que implicarse entre todos, e a longo prazo, non para antes de catro anos.
¡Moitas grazas polos enlaces!, son bastante esclarecedores.
Acabo de atopar o documental do que falaba Iolanda, está dispoñible en Youtube. https://www.youtube.com/watch?v=aC-6kRSxgnM
ResponderEliminar