miércoles, 10 de diciembre de 2014

3ª sesión con Carlos

Nesta terceira sesión traballamos varios aspectos da planificación docente, tarefa imprescindible na profesión da docencia. Aí tedes un resumo do que fixemos na clase, amusez-vous!
Programación didáctica vs. programación de aula
A programación didáctica é elaborada polo departamento e abrangue as ensinanzas de cada material para cada curso/etapa. Especifica os acordos xerais de character metodolóxico e o proceso de avaliación.
A programación de aula consta de unidades didácticas aplicadas a cada grupo. É elaborada polo docente e está adaptada ás necesidades do grupo.
Fases
Programación didáctica: Cada departamento organiza os ensinos de casa material ou area para cada curso da etapa correspondente.
Programación do curso: Os profesores e profesoras dun mesmo curso acordan obxectivos, contidos e criterios de avaliacións comúns.
Programación de aula :Cada profesor ou profesora concretará as actividades de aprendizaxe previstas para cada grupo.
Fontes
Fonte didáctica: Hai que consultar os documentos oficiais que se redactan nos centros educativos (PEC, RRI).
Fonte psicolóxica:Cómpre coñecer as características psicoevolutivas do alumnado e adaptar a programación ás particularidades e necesidades do alumnado.
Fonte sociolóxica: Como docentes, debemos coñecer as características do contorno socioeconómico e interactuar con ese entorno.
Fonte epistemolóxica: Deebemos tamén coñecer os contidos específicos da materia e as orientacións e prácticas metodolóxicas vixentes na didáctica desa materia.
Partes
No relativo á elaboración dunha unidade didáctica, a Administración soamente dá unhas orientacións. Por este motivo a presentación das mesmas varía duns centros a outros.
Unha unidade didáctica debe conter os seguintes apartados:
1.      Introducción
2.      Contexto
3.      Atención á diversidade
4.      Metodoloxía
5.      Recursos (tic)
6.      Competencias básicas
7.      Obxectivos.
8.      Contidos

9.      Avaliación

No hay comentarios:

Publicar un comentario