Aínda que persoalmente é quizais a parte que menos me gusta da docencia, recoñezo que é vital saber cómo avaliar dependendo da destreza ou compétence.
O fundamental para levar a cabo unha boa avaliación é ter en conta tres aspectos: o tipo, os criterios e as ferramentas.
Tipos
Podemos diferenciar varios tipos de avaliación,
dependendo de:
Quen avalía
Autoavaliación: é realizada polo estudante.
Verifica a súa aprendizaxe, identifica os aspectos nos que ten que mellorar e
as estratexias de aprendizaxe. Desenvolve as capacidades metacognitivas,
fomenta o sentido da responsabilidade, a honestidade e o pensamento crítico. Para
este tipo de avaliación son moi útiles as grellas.
Coavaliación: é realizada entre o alumnado.
Este tipo de avaliación tamén serve para que o alumnado desenvolva o espírito
crítico, a cooperación e a reflexión sobre a aprendizaxe en grupo. Porén,
pódese correr o risco de que o alumnado non sexa obxectivo e aumente as notas
dos seus compañeiros. É moi necesario darse feedback na coavaliación.
Heteroavaliación: é realizada polo docente.
Consta de cinco fases: planificación,
preparación, realización , calificación e análise
Cándo se avalía
Avaliación inicial: realízase ao comezo do
curso, ten por obxectivo de orientar ao alumnado e ao docente, non é
calificable e pode facerse de maneira individual ou en grupo.
Avaliación formativa: realízase durante o
proceso de aprendizaxe, o obxectivo é obter información sobre os progresos na
aprendizaxe.
Avaliación sumativa: realízase ao finalizar
a aprendizaxe, o obxectivo é avaliar a adquisición de competencias e comprobar
o resultado da aprendizaxe.
Existen outros tipos de
avaliación, nas que non se avalía soamente o saber, senón as competencias.
Criterios
En
base ao criterio no que se faga fincapé en avaliar, a avaliación pode ser:
Normativa ou criteriada
Normativa: avalíase en
función do grupo clase.
Criteriada: avalíase a
cada estudante individualmente.
Directa ou indirecta
Directa: baseada na
observación.
Indirecta: baseada nos
resultados, no exame.
Subxectiva ou obxectiva
Subxectiva: implica un
xuicio de valor por parte do (s) examinador(es).
Obxectiva: emprégase un
test non que soamente hai unha resposta posible.
Impresión
Xuízo baseado na
impresión: está baseado nos resultados sen ningunha referencia aos criterios de
avaliación.
Xuízo guiado: baseado nos
resultados en relación aos criterios específicos.
Holística/analítica
Holística: xuízo sintético
global
Analítica: considéranse
por separado os diferentes criterios.
Avaliación da recepción
oral e escrita
En canto á avaliación da
recepción oral e escrita, é moi necesaria porque o estudante precisa un
feedback.
Os criterios poden variar
en función dos obxectivos ou estratexias empregadas.Poden estar baseados na
· Verificación da comprensión
analítica
·
Comprensión global
·
Escoita/lectura crítica
·
Vocabulario
As ferramentas de
avaliación son variadas. Existen os QCM, as táboas de información, os
exercicios de emparellamento e os cuestionarios de resposta aberta ( nos que tamén
se avalía a produción). Este tipo de
cuestionarios recoméndanse a partir do nivel B1.
Avaliación da expresión
oral
En canto á avaliación da
expresión oral, o Marco Común Europeo de Referencia distingue entre a produción
e a interación.
Acostúmase avaliar a
corrección, pero hai moitos máis criterios:
·
Contido do discurso (ideas,
argumentos)
·
Estruturación do discurso
(conectores)
·
Lingua (fonética, entoación,
léxico e gramática)
·
Comunicación non verbal
(xestos, miradas…)
·
Voz: volume, ton
·
Comprensión e respeto da
consigna
Para poder realizar a
avaliación dunha maneira eficaz, temos varias ferramentas á nosa disposición:
A folla de control
Avalía a planificación e a
posta en escena. Emprégase nas avaliacións formativa e final.Serve para
traballar no momento da avaliación, é unha avaliación máis rápida, así pódese
avaliar a produción máis espontánea.
Non pode haber unha gradación
como nas rúbricas. Aconséllase empregar soamente “Si”, “Non” ou “ regular”.
Exemplo:
Pronuncia ben os fonemas /ɛ/ e /y/ Si Non Regular
Para facer unha lista de
control, aconséllase seguir estes 10 pasos:
1.
Facer unha lista cos posibles
criterios ou puntos de control
2.
Clasificar os criterios
escollidos
3.
Definer unha categoría para
cada grupo de criterios
4.
Establecer a orde das
categorías
5.
Presentar aos estudantes a
lista cos puntos de control
6.
Revisar a lista de control a
partir de observacións dos estudantes
7.
Establecer o formato da lista
de control.
8.
Comprobar que non contén erros.
9.
Aplicala.
10. Revisar de maneira periódica para facer posibles modificacións.
A grella de avaliación
Por último, existe a
grella de avaliación. É unha matriz de estimación, sometendo ao estudantado a
unha escala de gradación. Pódese facer seguindo estes seis pasos:
1.
Determinar os elementos de
competencia a avaliar concentrándose en elementos preponderantes.
2.
Establecer o conxunto de
criterios de avaliación.
3.
Escoller o tipo de escala de
apreciación.
4.
Escoller o número de escalas
necesarias (cada escala determina un nivel de competencia).
5.
Determinar a ponderación de cada criterio de avaliación.
6.
Precisar o limiar de éxito, a
partir de que puntuación podemos considerer que a actividade está aprobada.
A folla de observación
Esta ferramenta somete cada criterio a unha
apreciación subxectiva. Emprégase nunha avaliación cualitativa e subxectiva e a
elaboración é similar á da lista de control.
Xa para rematar, déixovos a ligazón dunha páxina web para facer grellas de avaliación.
Soamente tedes que rexistrarvos, non precisa descarga e para os ineptos coma min é moi útil porque a interface é moi intuitiva e moi sinxela de empregar.
Aí o tedes: http://www.rcampus.com/indexrubric.cfm


No hay comentarios:
Publicar un comentario