Escollín esta actividade (http://lewebpedagogique.com/ressources-fle/comprehension-orale/chanson-aicha-de-khaled/) porque paréceme moi interesante empregar cancións na clase de lingua estranxeira. Con maior motivo se se trata dun clásico coma este, a canción Aïcha, do cantante magrebí Khaled.
Se non coñecedes a canción, non tedes máis que premer no play do seguinte vídeo (está subtitulado en inglés).
Son un total de cinco actividades deseñadas para un nivel B1. Trabállase a competencia lingüística, en e máis concretamente a comprensión e expresión oral. Tamén se traballa a competencia artística e cultural porque é unha canción de referencia na cultura francófona, mostra do mosaico cultural do que está composta, na que destaca a cultura árabe.
Chamoume a atención que non aparece ningunha actividade de warm up.
Ocorreuseme que podería ser interesante escribir o título da canción e preguntarlle ao alumnado que pensan que pode ser Aïcha. Pediríalles que pensasen qué pode ser: un nome propio, un lugar, un adxectivo, etc. e que intuisen de qué podía tratar a canción.No caso de que alguén adiviñase que era un nome árabe, lles pediría que nomeasen países árabes de fala francesa.
A primeira actividade consiste en escoitar dúas ou tres veces a canción e encher os ocos cos verbos que faltan.
Unha vez terminada, a
docente pasa a explicar a historia da canción e lle pregunta ao alumnado a
qué cultura fai referencia a canción. (2ª actividade)
A terceira e cuarta actividade traballan a expresión oral. Primeiro, deben facer un resumo da canción e a
continuación dar a súa opinión personal.
Por último, hai unha quinta actividade, intuimos que para profundizar (Approfondissement), na que soamente aparece unha foto do cantante co enderezo á súa páxina web. Penso que se lles
damos a páxina web do cantante, debemos incluír algunha actividade concreta para
asegurar que o alumnado ten claro o que ten que facer.
Se entramos na páxina web, soamente aparece
o título do seu novo disco xunto con varias paisaxes e palabras en árabe. Unha alternativa podería consistir en
pedirlles que buscasen outras cancións de temática similar (o amor) e fixesen un traballo escrito sobre a canción, no que incluísen os datos principais (nome da canción, cantante, época), tema principal, resumo e opinión persoal.
Por se vos gusta a música francesa, nesta páxina atoparedes unha recopilación de cancións, clasificadas por temas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario