martes, 2 de diciembre de 2014

3ª sesión con Luz

Comezamos esta terceira sesión cunha actividade de warm up. Consistía en facer unha lista de dez verbos de acción e outra de sustantivos. A continuación, tiñamos que asignarlle un número do 1 ao 10, e escoller das dúas listas a palabra que correspondía a ese número.
No meu caso asignei o número 1 á lista de verbos e 2 á de sustantivos, de maneira que escollín o primeiro verbo (manger) e o segundo sustantivo (musique). O obxectivo da actividade era inventar unha profesión (mangeuse de musique); o obxectivo do xogo era explicar profesións disparatadas e traballar a creatividade.
É unha actividade deseñada para traballar en parellas ou pequenos grupos; pódese escoller a máis orixinal e contala ao resto da clase. Na miña opinión, paréceme que é unha actividade orixinal pero que non se pode realizar en todos os grupos, creo que podería funcionar nun grupo moi participativo e cunha boa capacidade de expresión oral na lingua estranxeira.
O resto da clase dedicámolo a cómo traballar un material de clase. Escoitamos unha comprensión oral (soamente audio), moi adecuada para introducir un tema. Este tipo de exercicios serven para aprender a valorar as pistas non verbais e centrarse na información que se lles pide.
Á hora de deseñar actividades nunha comprensión oral, debemos seguir unha estrutura, aumentando a dificultade de forma progresiva. Podemos comezar escribindo o título na pizarra e preguntarlles cál pode ser o tema e escribir vocabulario relacionado co tema.
A primeira actividade despois da primeira escoita debe ser sinxela e que lles sirva para manter a atención. Podemos pedirlles que enchan unha pequena táboa con datos, que marquen cales das afirmacións son verdadeiras ou falsas, etc.
Na segunda actividade xa podemos aumentar a dificultade e facer preguntas concretas sobre a comprensión oral ou un exercicio de encher ocos. Posibles actividades para facer na casa poden ser ordenar a transcripción, facer un resumo ou dar unha opinión persoal sobre o tema que se trataba na comprensión oral.
Outra forma de traballar a comprensión oral é contar un conto. Podemos empregalo para introducir novas estruturas gramaticais, como os condicionais. Dependendo do nivel da clase, podemos deseñar varias actividades. Para un nivel máis baixo podemos pedirlles que pidan un desexo (Si j’étais/I wish I were), pedirlles que conten a moralexa ou que conten a historia desde o punto de vista doutra personaxe.

Un exercicio máis complicado pode ser que inventen un final alternativo, que cambien a historia desde un momento do conto ou que predigan o futuro do protagonista.
Na última parte da clase aprendemos a traballar con cancións. Persoalmente, creo que é unha forma moi interesante de motivar ao alumnado e de traballar todas as capacidades. Por un lado, trabállase a comprensión oral (escoitar a canción) e a escrita (ler as actividades propostas), a expresión oral (podemos pór soamente o video e pedirlles que conten o que ven) e a expresión escrita (plasma a historia da canción por escrito). Ademais de traballar a competencia lingüística, pode servir para que o alumnado mellore a competencia social e cidadá. Como por exemplo a canción que escoitamos na clase, Daniel, que fala da Guerra do Vietnam.

Déixovos aquí dúas ligazóns que atopei en Internet para traballar con cancións (absterse profes de Inglés).











1 comentario:

  1. Por fin xa teño tempo de volver facer visitas aos vosos blogs! Acabo de entrar no teu por primeira vez e pareceme moi interesante e completo, teño que dedicarlle máis tempo.

    ResponderEliminar