jueves, 29 de enero de 2015

7ª sesión con Luz

Nesta séptima sesión comezamos cunha actividade de warm up chamada Sad Sara/Sara triste.
No encerado debuxamos a cara dunha nena triste e lles pedimos aos alumnos que digan por qué cren que está triste.
Para facelo máis rápido podemos empregar un cronómetro. Esta é unha ferramenta que nos mostrou Luz na clase http://www.online-stopwatch.com/spanish/full-screen-stopwatch.php
Unha vez que temos a lista dos porqués, facemos unha viaxe no tempo e Sara Triste convírtese en Sara contente.
Desta vez os alumnos teñen que relacionar os porqués da Sara triste coa felicidade da Sara actual.
Estes son varios exemplos:
Sara est triste parce qu’elle a été punie.
Sara est contente parce qu’elle n’est plus punie et peut aller jouer avec ses amis.
Este exercicio serve para facer un repaso de tempos verbais.
Para  que realmente sexa unha actividade de repaso, debmos guiala pedíndolles que fagan unha lista de cinco frases, cada unha cun tempo verbal: unha co verbo être, outra co verbo avoir, outra co passé composé, outra en presente e outra en futuro.
Este exercicio está sacado da páxina Lessonstream.org Esta é a ligazón á explicación do exercicio. http://lessonstream.org/wp-content/uploads/downloads/2011/04/The-English-tenses.pdf

AICLE/CLIL/EMILE

Xa entrando en materia, vimos diferentes formas de traballar o sistema AICLE/CLIL/EMILE. Para os que non saiban o que é este concepto, é o nome que reciben as seccións bilingües en centros educativos. 
AICLE: Aprendizaje Integrado de Contenidos y Lenguas Extranjeras
CLIL: Content and Language Integrated Learning
EMILE:Enseignement de Matières par l'Intégration d'une Langue Étrangère


Consiste en impartir unha materia, como pode ser Música, Plástica, Física e Química (ou calquera outra materia do currículo) na que a lingua vehicular sexa unha lingua estranxeira, ben o inglés ou o francés.
Este tipo de ensinanza está cada vez máis en voga. É un punto ao noso favor como docentes de linguas estranxeiras, xa que o alumnado entende que aprender “inglés” ou “francés” vai máis alá de aprender os contidos para aprobar unha materia; ven que ten un fin moito máis profundo: ten unha función comunicativa, que lles permite ampliar os seus coñecementos noutras áreas.
Netse sistema de CLIL os docentes de lingua estranxeira debemos proporcionar un “scaffolding” aos docentes que imparten esas materias.
O scaffolding ou “andamiaxe” consiste en crear unha estrutura de apoio para o bo funcionamento do CLIL. Para iso, debemos traballar codo con codo cos nosos compañeiros e traballar os contidos desa material, desde outra perspectiva.


Algúns exemplos de scaffolding (empregados por Luz no seu centro educativo):

  • Traballar o vocabulario máis básico. A través deste vídeo podemos ensinar os elementos da táboa periódica.



  • Facer un shuffle, entregarlles unha serie de definicións cunha palabra desordeada.
  • Traballar vocabulario con diferencias do tipo speed/velocity.
  • Facer actividades de Puzzle Maker.
  • Traballar un tema musical en lingua estranxeira, coma este tan coñecido:



Hai un sinfín de actividades que podemos facer na clase de lingua estranxeira que sirva de apoio á seección bilingüe, pero o máis importante, baixo a miña opinión, é saber coordinarse cos docentes correspondentes para ir á mesma velocidade e tratar os mesmos contidos.

TITORÍAS

A segunda parte da sesión dedicámola á parte de titoría.Como titores temos cinco responsabilidades:
  • Tratar temas sobre prevención de drogas, alcol, prácticas sexuais, etc.
  • Escoitar queixas e/ou suxerencias por parte do alumnado
  • Desenvolver técnicas de estudio
  • Traballar no Proxecto Interdisciplinar
  • Acompañar ao alumnado en visitas extraescolares


Ademais desas responsabilidades, existen outras tarefas que se deben desenvolver nas titorías.
Elección de representante de clase
Unha delas é escoller delegado de curso. Para poderlle sacar máis rendemento a estas sesións, podemos facer este tipo de actividades na lingua estranxeira que impartimos.
Podemos presentarlles unha ficha (coma a que nos ensinou Luz en clase), para axudar ao alumnado a escoller ao seu representante. Na devandita ficha deben responder a un cuestionario sobre cáles son as cualidades que un bo representante debe reunir, as súas obrigas, etc.


Técnicas de estudio
Outras actividades que podemos facer a principio de curso son sondeos acerca de técnicas de estudio. Podemos simplemente pedirlles que respondan a un cuestionario (traducido previamente por nós) ou que pinten con cores un horario para saber cómo distribúen o tempo fóra da aula.
A información que eses cuestionarios é moi valiosa para a nosa labor docente, xa que sabemos se dispoñen de moito ou pouco tempo para facer os deberes, canto tempo lle dedican a algunha actividade extraescolar, etc.
Ademais deste cuestionario, podemos empregar algún test para coñecer cómo é o grupo en canto a estilos de aprendizaxe (visual, auditivo ou kinestésico), un aspecto moi a ter en conta á hora de deseñar as clases.



Ambiente de clase
Despois de realizar estas actividades iniciais, pódense facer actividades para mellorar o ambiente de clase.
Existen un sinfín de actividades para traballar este aspecto tan importante nunha clase. A que vimos na clase con Luz é moi sinxela pero atractiva.
Consiste en pedirlle ao alumnado que escriba algo bonito dalguén da clase con quen teña unha boa relación, xa sexa compañeiro ou amigo, e tamén doutra persoa coa que non teña moito contacto.
Para que sexa unha actividade inclusiva, a titora sería a encargada de revisar que todo o alumnado recibe un “piropo”. Na seguinte titoría, lénse os comentarios en voz alta de forma anónima.

Antes  e despois da avaliación
Antes e despois de cada avaliación, podemos entregarlles un cuestionario no que se teñan que autoavaliar. O cuestionario debe constar de preguntas xerais, claras e concisas, que lle axuden ao alumno a autoavaliarse.
 Debemos deixar un espazo para que fagan algunha suxerencia ou expresen algún problema que non se atreven a facelo oralmente.

Este tipo de cuestionarios poden servirlle para que se dean conta dos erros cometidos, de se acadaron os obxectivos que se propuxeran (sacar boas notas), etc.

Traballo de valores 
As sesións de titoría deben ser un espazo de reflexión e creación de pensamento crítico. Quizais é unha visión utópica, alonxada da típica titoría que todos tivemos na que soamente facíamos os deberes.
Para iso, debemos dedicalas a traballar certos valores que cremos que son universais (respeto, tolerancia) e tratar temas candentes, como o acoso escolar e o ciberacoso.
Podemos traballar estos valores a través de películas, reportaxes ou documentais. Neste blog atoparedes dúas entradas sobre películas interesantes para traballar na clase de FLE. Son todas francófonas, pero pódense traballar en titorías porque a maioría están dobladas.
Luz recomendounos a de Cobardes, que trata o tema do acoso escolar ou bullying. Dirixida por José Corbacho, recibiu o premio da Crítica e a Mención especial do Xurado no festival de Málaga en 2008.
Vídeo sobre o ciberacoso:



Se queremos tratar o tema  dunha forma máis distendida, podemos empregar a curtometraxe de animación de Pixar, For the birds.

Por último, Luz ensinounos varios exemplos para traballar o Proxecto Interdisciplinar (PIN):


  • Os Xogos Olímpicos. Traballo sobre Canada como país olímpico.
  • O Antigo Exipto. Dentro deste proxecto, na clase de inglés fixeron un exercicio interactivo chamado "Making a mummy", moi completo xa que serve para adquirir vocabulario específico, ademais de ser a mellor forma de aprender para o alumnado kinestésico. 

Xa para rematar a sesión, Luz falounos brevemente da avaliación e ensinounos un modelo de exame de 3º ESO, coa seguinte estrutura:
  1. Vocabulary
  2. Phrases, definitions
  3. Use of English 
  4. Writing
  5. Reading comprehension
  6. True,False, No information
  7. Reading and Vocabulary
  8. Listening





No hay comentarios:

Publicar un comentario