lunes, 26 de enero de 2015

Rory's Story Cubes- Os dados do tarot

Os Rory's Story Cubes son unhas caixas que traen 9 dados con diferentes debuxos en cada unha das caras dos dados. Polo de agora hai tres modelos:
O clásico

O de accións


O de viaxes
Este xogo tan divertido foi un descubrimento que fixen grazas á nosa profesora Luz, ata o de agora xamais escoitara a alguén falar deles. Ben, se entrades na páxina web https://www.storycubes.com/ veredes que hai seis formas diferentes de xogar, aínda que pódense crear infinidade delas.
A mín ocorréuseme a seguinte:
Os dados do tarot

Esta actividade está deseñada para alumnado de 4º ESO endiante para a materia de francés como segunda lingua estranxeira. En pequenos grupos (a distribución dependerá do número de alumnos, pero cada grupo debe contar cun mínimo dun dado), os alumnos terán unha serie de tarxetas con diferentes problemas, algo estilo consulta do tarot. Poden ser problemas da vida cotiá, amorosos, financeiros, etc. A idea é que dentro do grupo un lexa o problema, outro tire o dado e o outro faga de tarotista, que sexa o encargado de facer a predición de futuro ou de dar o consello adecuado, e que vaian rotando ata que terminen a "consulta".
Evidentemente, as prediccións que fagan van ser completamente surrealistas porque dependen do debuxo que lles toque. O obxectivo lingüístico é traballar o futuro e os modais. Estes serían uns exemplos básicos:

Mon copain m'a quittée- Deixoume o mozo.
J'ai raté deux matières- Suspendín dúas asignaturas
Je suis amoureux de ma meilleure amie. Qu'est-ce que je peux faire?- Estou namorado da miña mellor amiga. Que podo facer?
Mon hamster est mort et je suis très triste- O meu hámster morreu e estou moi triste.
Les filles ne m'aiment pas car je suis très petit- Non lles gusto ás rapazas porque son baixiño.

Aínda que eu deseñei esta actividade para 4º ESO, é fácilmente adaptable modificando os problemas das tarxetas.

Que vos parece esta actividade?Agardo os vosos comentarios!

2 comentarios:

  1. Que boa idea, Marta!
    É do máis orixinal. Logo, quizais, haberá que facer unha sesión de titoría para que o alumnado racionalice e non se deixe embaucar polos anuncios de tarot ;)
    En serio, paréceme unha aplicación dos dados realmente singular e divertida. Chapeau!

    ResponderEliminar
  2. Graciñas, Iolanda! Para comprobar se é un bo xogo, hai que probalo nas prácticas ;)

    ResponderEliminar